Tráxico accidente en Salceda de Caselas: falecen unha nai e os seus dous fillos, veciños de Salvaterra do Miño
Unha muller e os seus dous fillos menores de idade, unha adolescente e un neno de seis anos, veciños de Salvaterra do Miño (Pontevedra), perderon a vida nun accidente rexistrado no punto quilométrico 6 da PO-510, ao seu paso por Salceda de Caselas.
O suceso tivo lugar a pasada noite, cando o turismo no que viaxaban os tres falecidos impactou contra outro coche.
O condutor do outro vehículo atópase ferido de gravidade no Álvaro Cunqueiro.

Ambulancia da 061 | Foto: EP
Unha muller e os seus dous fillos menores de idade, unha adolescente e un neno de seis anos, veciños de Salvaterra do Miño (Pontevedra), perderon a vida nun accidente rexistrado no punto quilométrico 6 da PO-510, ao seu paso por Salceda de Caselas.
Os feitos producíronse a pasada noite, cando o coche no que viaxaban os tres falecidos chocou con outro vehículo, cuxo condutor resultou ferido de gravidade e foi trasladado a un centro Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Os bombeiros do Baixo Miño trasladaron ao 112 que os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento empregaron o material de excarceración para liberar a tres persoas atrapadas, dúas dos falecidos e o condutor do outro vehículo implicado.
O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente ás 22,00 horas e pediu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Baixo Miño, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas.
Así mesmo, o persoal de Emerxencias 112 Galicia informou do sinistro ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, para a atención ás familias.
Escribe o teu comentario