Policía e Garda Civil controlarán os accesos a Galicia en Semana Santa e advirten que terán "tolerancia cero"
Galicia trata de blindarse ante a proximidade da Semana Santa e os intentos de moitos de tentar gozar do seu tempo de descanso na comunidade galega.
Os axentes tamén farán controis na hostalería para garantir que se cumpren as medidas: "É a mellor forma de que este sector poida seguir aberto".
Control da Policía Nacional | Foto: EP
O delegado do Goberno, Javier Losada, fixo un chamamento a que a mobilidade sexa "la menor posible" en Galicia durante a ponte de San José e a Semana Santa.
En declaracións aos medios en Santiago este mércores antes de participar nun congreso de UXT, Losada informado de que en Semana Santa haberá un operativo de Garda Civil e Policía Nacoinal que controlará os desprazamentos "cara a Galicia", dado que está pechada perimetralmente. Así, avisa de que haberá "tolerancia cero".
De tal forma, chamou á "responsabilidade" e a non "baixar a garda" para cumprir con "todas" as normas que decida a Xunta fronte á pandemia.
Igualmente, van realizar controis nos municipios, con colaboración da Policía Local, para detectar a aquelas persoas que puidesen eludir os operativos de entrada a Galicia.
Os axentes farán controis na hostalería, "axudando a que os usuarios cumpran todos os requisitos que a Xunta indique". "É a mellor forma de que este sector poida seguir aberto", agrega.
Escribe o teu comentario