Covid municipios: Repunte en Vigo, Pontevedra recupera o risco baixo e Neda entra en risco extremo


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.


|




Neda e Cortegada vístense de negro no mapa municipal de Galicia segundo a incidencia semanal do coronavirus. Entran no mesmo nivel máximo no que xa estaban Vilardevós, Paradela e Maside, os tres únicos municipios que pasarán a ponte de San José con máximas restricións, perimetrados e sen hostalería.


Lembrar que o mapa de incidencia do covid non coincide co mapa de restricións da Xunta, aínda que logicamente están relacionados. Se Neda e Cortegada chegan á próxima reunión de expertos do SERGAS no mesmo nivel que hoxe, é probable que tamén os confinen perimetralmente. 


A mellor noticia do mapa de hoxe é que Pontevedra abandona o risco medio (en laranxa) e cae a risco baixo (en amarelo).






Con todo, pode ser unha alegría fugaz, pois a incidencia acumulada semanal de Pontevedra leva días bailando moi preto límite entre os dous niveis (25 positivos por 100.000 habitantes á semana), de aí os frecuentes cambios de cor.


A lista de municipios cuxo cómputo de positivos nunha semana sobe hoxe respecto a ese mesmo cómputo onte é:



  • Neda +1
  • Lugo +1
  • Monforte de Lemos +1
  • Oleiros +3
  • Ourense +6
  • Vigo +20



A relación de concellos cuxa suma de positivos na última semana baixa hoxe respecto a a mesma suma onte é:



  • Coruña (A) -26
  • Ferrol -5
  • Sada -5
  • Pontevedra -5
  • Ames -3
  • Arteixo -3
  • Narón -3
  • Cambre -2
  • Culleredo -1
  • Sarria -1
  • Cangas -1
  • Moaña -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.


COMPARATIVA DE CIDADES

Na comarca da Coruña estase producindo un fenómeno peculiar. Mentres que moitos municipios da área repuntan, a cidade aínda segue baixando un pouco. De feito, hoxe é unha das dúas urbes do país que mellora no exame a sete días:



Abrindo o plano a 14 días, hai repuntes en Santiago e Vigo. A pesar da súa melloría tamén a 14 días, A Coruña aínda é a cidade con peores niveis do país con moita diferenza. Por exemplo, a dúas semanas, A Coruña ten unha incidencia acumulada semanal seis veces superior á de Lugo, a urbe con menos covid.



Iso si, a traxectoria da Coruña cidade é á baixa, moi levemente, pero descendendo, como se pode apreciar na súa gráfica epidemiolóxica a 14 días:





Vigo é a cidade que recibe peores noticias hoxe. O brote de 18 positivos no Álvaro Cunqueiro pásalle factura e soben as súas incidencias acumuladas semanal e bisemanal. Mirando desde a perspectiva de 14 días, Vigo sofre a súa segunda xornada consecutiva de rebote, algo que non lle pasaba desde o pico da terceira onda.


A pesar deste cambio de traxectoria o nivel do virus na urbe agora non ten nada que ver co de finais de xaneiro, de feito é menos da metade do que había antes de nadal:




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos de Covid-19 reducíronse en 27 ata os 2.658 en Galicia despois do lixeiro incremento rexistrado este martes tras mes e medio de tendencia descendente.



Estes baixan en cinco das sete áreas sanitarias galegas, mentres que soben nas de Vigo ata os 472 --15 máis-- e na de Lugo a 210 --cinco máis--. Por contra redúcense nas da Coruña e Cee a 1.064 --doce menos--; a 288 na de Santiago e Barbanza --cinco menos--; 232 na de Ferrol --11 menos--; 222 na de Pontevedra e O Salnés --oito menos--; e 170 na de Ourense --11 menos--.  A alza en Lugo pode ter que ver con o brote nunha granxa de Sarria.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA



Estes baixan en cinco das sete áreas sanitarias galegas, mentres que soben nas de Vigo ata os 472 --15 máis-- e na de Lugo a 210 --cinco máis--. Por contra redúcense nas da Coruña e Cee a 1.064 --doce menos--; a 288 na de Santiago e Barbanza --cinco menos--; 232 na de Ferrol --11 menos--; 222 na de Pontevedra e O Salnés --oito menos--; e 170 na de Ourense --11 menos--. 




HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, hai 58 pacientes Covid ingresados en UCI --sete menos-- e 235 noutras unidades --13 menos--.

Os ingresados con Covid-19 descenden en todas as áreas sanitarias, salvo na de Ourense, onde aínda que se manteñen dúas en UCI --sen cambios--, soben a 21 os que permanecen noutras unidades --tres máis--.

O maior alivio corresponde ao área sanitaria da Coruña e Cee, onde caen a 19 os hospitalizados Covid en UCI --tres menos-- e a 90 os que se atopan noutras unidades --dez menos--; mentres que na de Vigo baixan a 10 o críticos --tres menos-- e a 48 os doutras unidades --uno menos--.

Pola súa banda, na área de Pontevedra seguen sete pacientes Covid en UCI e descenden a 13 os que se atopan noutras unidades --dúas menos--; e na de Lugo hai cinco en críticos --un menos-- e 18 noutras unidades --uno menos--.

En canto á de Santiago e Barbanza mantéñense sete pacientes Covid en UCI e baixan a 23 os ingresados noutras unidades --uno menos--, mentres que na de Ferrol seguen oito en críticos e caen a 22 os hospitalizados noutras unidades --uno menos--. 


649sp incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (2)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE