Accidente mortal en Abadín: un falecido nunha saía de vía na parroquia de Candia, en Abadín

Unha persoa faleceu na mañá deste mércores tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba á altura da igrexa da parroquia de Candia, no concello lucense de Abadín.

|

O sinistro produciuse á primeira hora da mañá deste mércores.


Aínda que o falecido atopábase liberao e accesible, segundo a persoa que deu a voz de alarma ao 112, os equipos de asistencia só puideron confirmar a morte. 


Ambulancia do 061


Unha ambulancia | Foto: EP


Unha persoa faleceu na mañá deste mércores tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba á altura da igrexa da parroquia de Candia, no concello lucense de Abadín.


Segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada de alerta dunha persoa particular cando estaban a piques de dar as 8,00 horas deste mércores.


Segundo a información facilitada pola testemuña do sinistro, a persoa estaba inconsciente, pero liberada e accesible, despois de sufrir unha saída de vía co seu turismo.


Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das lesións, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago.


Así mesmo, os Bombeiros de Vilalba e axentes da Garda Civil de Tráfico tamén foron avisados polos xestores do 112 por mor deste accidente de tráfico.


Ao chegar ao lugar do sinistro, os equipos de intervención soamente puideron confirmar o falecemento da única persoa ocupante do turismo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE