Denunciado en Vigo un menor en por circular en moto sen carné nin seguro, e a súa nai por permitilo

Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron dilixencias de denuncia contra un menor de idade, que foi sorprendido circulando nun ciclomotor sen carné nin seguro, e contra a súa nai que, sendo coñecedora desas circunstancias, consentiu a situación.

|

A Policía Local de Vigo interpuxo a denuncia tanto contra o mozo como contra a súa nai.


O raparigo, menor de idade, non tiña nin permiso, nin casco e o vehículo non tiña nin matricula, nin seguro nin ITV. 


Comisaría da Policía Local de VigoComisaría Vigo | Foto: EP



Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron dilixencias de denuncia contra un menor de idade, que foi sorprendido circulando nun ciclomotor sen carné nin seguro, e contra a súa nai que, sendo coñecedora desas circunstancias, consentiu a situación.


Segundo informaron fontes policiais, o menor foi interceptado o pasado domingo pola tarde na rúa Alza, na parroquia de Cabral. Ao identificalo e comprobar a moto, os axentes constataron que o menor non ten carné nin levaba casco homologado, e que o vehículo tampouco dispoñía de placa de matrícula, nin seguro nin pasara a ITV.

Por outra banda, ao contactar coa nai do novo, esta admitiu que era conocedra deses feitos e que os consente de forma habitual, polo que se lle realizou unha imputación como cooperadora necesaria para a consumación dun delito contra a seguridade viaria.


As dilixencias foron remitidas ao xulgado da garda e á Fiscalía de Menores de Pontevedra.


Por outra banda, a Policía Local tamén informou da tramitación dunha denuncia contra unha condutora dun turismo que foi interceptada na madrugada do domingo na rúa Areal. Ao realizarlle a proba de alcoholemia, esta deu resultado positivo (0,98 e 1 mg/l).

Finalmente, tamén foi denunciado outro condutor, neste caso dun patinete, que sorprendido na madrugada deste luns cando circulaba por cálea Vía Norte. Neste caso, o denunciado deu resultado positivo en THC na realización dun test de drogas, e intervéuselle unha bolsita de marihuana que levaba encima.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE