O SERGAS investiga o brote de coronavirus que deixou unha decena de afectados en Sarria

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos estuda un brote con, aproximadamente, unha decena de casos de Covid-19 detectados no municipio lucense de Sarria. Algúns afectados localízanse nunha explotación gandeira.

|

A área sanitaria de Lugo investiga a aparición deste brote na localidade, que parece ligado a unha explotación gandeira. 


De momento, as autoridades sanitarias valoran a celebración dun cribado para coñecer mellor as dimensións do suceso. 


Cribado


Cribado | Foto: EP


O Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos estuda un brote con, aproximadamente, unha decena de casos de Covid-19 detectados no municipio lucense de Sarria. Algúns afectados localízanse nunha explotación gandeira.


Así o confirmaron a Europa Press fontes desta área sanitaria, que recalcaron que se trata de "un brote que se está estudando" e puntualizaron que "entre os afectados hai unha explotación gandeira", feito que tamén se analiza.


Por parte desta área sanitaria, por mor deste brote, trabállase na programación dun cribado para este xoves ou este venres, no que previsiblemente se citará a unhas 50 persoas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE