Empresarios galegos relacionados coa mina de Touro buscan crear unha planta de tecnosoles en Río Tinto

A plataforma Nerva, Saúde e Dignidade criticou a solicitude de autorización, pois entende que a produción de tecnosoles pode supoñer un perigo para a zona, dado que está a poucos quilómetros dunha entulleira de residuos mineiros.A tecnoloxía para a fabricación de Tecnosoles que utiliza TEN SL en Touro foi desenvolta en parte pola Universidade de Santiago de Compostela, mediante o traballo de docentes como o catedrático de Edafoloxía Felipe Macías.


|

Capital galego vinculado coa mina de Touro embárcase nunha aventura empresarial na zona mineira de Río Tinto (Huelva).  Green Soil Solutions SL acaba de pedir autorización á Junta de Andalucía para crear unha planta de tecnosoloes na histórica zona mineira.


TEN Seminario Humidais Tecnosoles 35 1080x675

Visita de alumnos da USC ao complexo de Tecnosoles en Touro nunha foto de arquivo da USC


David González Campos aparece como un dos tres administradores de Green Soil, segundo o Rexistro Mercantil. González Campos tamén é directivo de Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste (TEN SL), a empresa que leva o Centro de Valorización Ambiental de Touro-O Pino, situado na antiga mina.


Outra das directivas de TEN SL é Eva Gómez Portela, tamén directiva de Explotacións Galegas, a dona dos terreos e que actuou como socia de Atalaia Mining no seu frustrado intento de reabrir a mina de Touro cunha gran explotación ao descuberto.


Do mesmo xeito que sucedeu co proxecto que a Xunta acaba de finiquitar, a aventura empresarial en Huelva suscitou resposta veciñal. A plataforma Nerva, Saúde e Dignidade criticou a solicitude de autorización, pois entende que a produción de tecnosoles pode supoñer un perigo para a zona, dado que está a poucos quilómetros dunha entulleira de residuos mineiros.


A tecnoloxía para a fabricación de Tecnosoles que utiliza TEN SL en Touro foi desenvolta en parte pola Universidade de Santiago de Compostela, mediante o traballo de docentes como o catedrático de Edafoloxía Felipe Macías.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE