Skunk Anansie non tocará finalmente en Santiago pero si recoloca datas para Bilbao, Barcelona e Madrid

|

A banda británica de hard-rock dos noventa tiña previstas varias datas en España para esta primavera, pero a pandemia tirounas ao traste


Os británicos Skunk Anansie aprazaron ata marzo de 2022 a súa xira de 25 aniversario, que tiña previsto pasar por Bilbao, Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela en próximas datas.

Nun comunicado, a promotora Last Tour anunciou o aprazamento, ata 2022, da xira de Skunk Anansie en España, coa que a banda británica planeaba celebrar o seu 25º aniversario e que incluía varios concertos en cidades españolas para o mes de maio.


Skunk Anansie en concerto

Finalmente, actuarán en Bilbao o 17 de marzo de 2022 na sala Santana 27, o 21 de marzo na Riviera de Madrid e o 22 de marzo na sala Razzmatazz de Barcelona. As entradas para os tres shows están á venda.

Con todo, por motivos de axenda, o concerto de Santiago de Compostela "non puido ser recolocado xunto ao resto de datas", polo que, de momento, foi cancelado. As persoas que adquirisen xa os tickets recibirán o reembolso automaticamente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress