Outeiro de Rei, do PP, esixe que a Iglesia devolva 46 bens inmatriculados "ilegalmente", casas incluídas

O pleno do Concello de Outeiro de Rei (Lugo), gobernado polo popular José Pardo, aprobou por unanimidade reclamarlle á Igrexa os 46 bens inmatriculados coa lei que impulsou no seu día José María Aznar no Goberno.

|

A lista aprobada polo Consello de Ministros, que inclúe máis de 34.000 inmobles en España, empeza a ter repercusións en Galicia. O exemplo de Outeiro de Rei pode animar a moitos outros municipios do rural, onde son comúns, por exemplo, as casas que sufragaron os aldeáns para os curas, hoxe abandonadas pero que seguen a nome da Igrexa.


O pleno do Concello de Outeiro de Rei (Lugo), gobernado polo popular José Pardo, aprobou por unanimidade reclamarlle á Igrexa os 46 bens inmatriculados coa lei que impulsou no seu día José María Aznar no Goberno.


Antiga Casa Reitoral de Outeiro de Rei nunha imaxe de Google Street View

Antiga Casa Reitoral de Outeiro de Rei nunha imaxe de Google Street View




BENS PÚBLICOS MAL REXISTRADOS

A reclamación partiu do BNG, que logrou que esta moción fose aprobada nun pleno no que o portavoz do grupo nacionalista, Xosé Ferreiro, avanzou que con esta acción téntanse " recuperar os bens públicos propiedade da Igrexa e que rexistrou sen ningún tipo de documentación acreditativa, que son de uso público pero non dedicados ao culto relixioso".

O nacionalista debullou que se trata, sobre todo, de "aparcamentos, campos da festa, mesmo camiños que a Igrexa ao amparo da lei de Aznar apropiouse indebidamente deles".


CASAS DE CURAS EN ALDEAS

Tras a aprobación, o Consistorio "deberá reclamar" e recuperar "pola vía precisa este tipo de bens para o que é o patrimonio público" e dáse un prazo dun ano "para que actúe en consecuencia e reclame eses bens".

Ademais, hai casas reitorais que, aínda que non son de uso público, "foron construídas con achegas dos veciños e na época franquista eran de todo menos voluntarias". "Eses bens teñen que volver ao patrimonio público", demandou.

Mesmo puxo especial énfase na casa reitoral do municipio, que se vai a destinar a un centro de día e pola que tivo que pagar o Concello de Outeiro de Rei.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE