Galicia cae a risco medio de covid ao baixar os positivos semanais pero o virus é máis letal




|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia afianzan unha melloría veloz e non hai indicios dun rebrote pronto. O que se confirma é unha considerable subida da proporción de diagnosticados que falece.


Os 189 novos positivos é a menor cifra desde o espertar da terceira onda. Hai que remontarse ao 18 de agosto para atopar tan poucos novos diagnósticos. 


Boa noticia que chega cun matiz, onte o SERGAS só completou 5.190 PCRs, cando no pico desta onda rozou as 13.000.


Eses 189 positivos huden a incidencia acumulada semanal por baixo dos 75 . Como adiantou onte Galiciapress, o país logra así saír de risco alto e baixar a risco medio nos niveis do semáforo de alerta estatal para este indicador. 


DBPGE incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia  (1)




É unha barreira psicolóxica importante a que supera hoxe Galicia. Hai que remontarse ao 11 de decembro para atopar un día no que país estaba en risco medio.


A dúas semanas a incidencia acumulada aínda lle falta tempo para baixar a risco medio. Tras 22 días seguidos de descenso hoxe colócase en 194 cando para saír de risco alto necesita baixar de 150. A este ritmo Galicia podería logralo a principios da próxima semana.





Non se deberá esta bajón de positivos a que a Xunta faga menos probas? Si, pero só en parte. Hai menos probas, de feito moitas menos probas, pero aínda así a taxa de positividade non repunta. 


Isto significa que a cantidade de PCRs está a ser suficiente para, polo menos, evitar que a pandemia acelere. Pola contra, cando o SERGAS relaxouse en Nadal a taxa de positividade subiu como un foguete agravando o impacto desta terceira onda, a máis mortal en Galicia.


Por tanto, que baixen tanto as PCRs non é unha boa noticia, nin sequera co argumento de que ao haber menos positivos hai logicamente menos contactos estreitos. Especialmente teniendo en cuenta o precedente do Nadal. A media móbil a sete días de probas PCR leva días estabilizada ao redor das 7.100, cando no pico foi case o dobre, 12.931, e en nadal derrubouse a uns inadmisibles 5.100.


PORCENTAXE DE CAMBIO DE CASOS ACTIVOS

A cantidade de infectados segue caendo a un ritmo importante, do 6,6% diario de media.   Lamentablemente, este ritmo de melloría non durará moito máis.





A porcentaxe de cambio de onte é do -6,4% e é xa o  cuarto día consecutivo que o descenso perde forza tras alcanzar un pico do 8%. Quedan menos de 8.000 casos activos, cando a principios de mes houbo máis de 22.000.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras sobre a mesa podemos concluír que:


  • A pandemia continúa perdendo terreo en Galicia. A súa retirada segue sendo veloz, aínda que este descenso empeza a decelerar. 
  • Non hai indicios, polo menos claros, de ningún rebrote pronto. Que o ritmo de caída de casos activos vaia a cambiar de rumbo non é unha boa noticia pero, por si só, non implica que vaia a haber repunte, só que a melloría será máis lenta. Mentres a porcentaxe de cambio de casos activos siga en algarismos negativos non se poderá falar de rebrote.
  • A caída de PCRs no SERGAS é lóxica, en parte, pola caída de contagios e a consecuente caída de contactos próximos aos que analizar. Agora ben, tamén é preocupante. Varios factores contribuíron á mortal terceira onda en Galicia. A cepa británica, a relaxación dunha parte da sociedade, a laxitud das restricións os días de festa e tamén o esborralle de probas.
  • A melloría de Galicia é moi considerable. Estamos cuns niveis de contagios mellores dos que tiñamos nas vésperas de Nadal. Os infectados hoxe son un 36% dos que había no pico. 
  • Con todo, desgraciadamente, esta melloría explícase en parte por unha taxa de letalidade inusitada. Nos últimos 30 días é do 3,2%, cifra récord nunha pandemia que ten ata o de agora unha taxa de letalidade en Galicia do 2,1%. En definitiva, agora hai menos virus pero é significativamente máis letal, probablemente debido á cepa británica, que xa supón máis da metade dos casos secuenciados.



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Por segundo día consecutivo só A Coruña (61) supera a barreira de 50 novos positivos. Por vez primeira nesta onda hai un distrito sanitario, Ourense (8), con menos de 10 novos positivos.




Ourense é tamén a área con menos enfermos críticos, 8. Séguenlle Ferrol e Pontevedra, con 17 e 19. Por que están Ferrol e Pontevedra entre as áreas nas que menos se alivian as restricións? Están entre a que menos enfermos críticos teñen en termos absolutos, pero entre as que máis soportan en termos relativos, en fución ao seu tamaño. Análise máis en detalle das cifras a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE