Profesora negacionista do colexio de Santiago La Salle encabezou marcha negacionista, denuncian pais

A docente, que xa foi sancionada previamente, non impartirá aulas á espera dunha PCR, tras participar na protesta da fin de semana

|

O AMPA asegura que posto unha denuncia ante a Inspección Educativa da Xunta tras recibir ducias de protestas de nais e pais alarmados


O colexio, privado e concertado, alega que non pode facer nada, aínda que impide á mestra dar clase ata que presente unha PCR negativa


Precisamente en LaSalle produciuse un brote recente de coronavirus, con 18 casos segundo as últimas cifras, o foco máis importante entre todos os colexios da capital


Varias persoas participan nunha manifestación contra a coñecida como ‘Lei Auschwitz’Imaxe da manifestación negacionista o sábado en Santiago


A docente, que xa foi sancionada previamente, non impartirá aulas á espera dunha PCR, tras participar na protesta da fin de semana

Un grupo de pais do colexio concertado La Salle, en Santiago de Compostela, presentarán unha queixa ante os servizos de inspección educativa e do Sergas para trasladar a súa preocupación pola actitude dunha docente que imparte aulas neste centro e o seu apoio ás teses negacionistas da covid-19.


GRUPOS NEGACIONISTAS
A polémica orixinouse esta fin de semana por mor da protesta contra da reforma da lei galega de saúde, na que participaron centenares de persoas de distintas partes do territorio. A marcha estivo organizada por colectivos como 'Policías pola Liberdade' e secundada por outros similares --Médicos pola Verdade, Nais pola Verdade e Docentes pola Verdade, entre eles--




 

Varios pais e docentes do centro trasladaron ao equipo directivo que unha das persoas que encabezaba a marcha, ou que polo menos saía nas fotos difundidas da manifestación, tratábase dunha das profesoras do colexio e que xa fora amoestada nunha ocasión previa por incumprir o protocolo contra a covid e ir sen máscara.

PAIS ALARMADOS
Montse Trillo, presidenta do ANPA, explicou en declaracións a Europa Press que a asociación xa recibiu entre "25 e 30" correos electrónicos de pais con fillos escolarizados no colexio "preocupados por este comportamento".

Deste xeito e "en nome dos pais", o ANPA enviará un escrito á inspección educativa e á de sanidade para informar do ocorrido e da preocupación trasladada polas familias pola actitude da profesora, un comportamento polo que "xa foi sancionada anteriormente".

PROBA PCR
A dirección do La Salle informou á profesora afectada das queixas dos pais e decidiu que non volvería impartir aulas ata que presentase unha PCR con resultado negativo.

Desde o ANPA sinalan que o centro transmite que "está atado de pés e mans" e que fan "o que legalmente poden", pero tampouco pedirán nin o cesamento da profesora, senón que se limitarán a ser transmisores da preocupación das familias.

VALORACIÓN DO EMPREGADOR

Jesús Martín, director do centro, enmarcou as posicións da profesora "dentro da liberdade de opinión", pero a condición de que as manteña fose do espazo educativo.

En todo caso, defendeu que a súa "responsabilidade" é "garantir a seguridade" nas instalacións do centro e solicitou este luns á profesora que se someta a un test "para garantir que non hai ningún tipo de contaxio".

Á espera do resultado, a docente "non vai dar clase", matizou, para lembrar que os problemas con ela por incumprimento do protocolo da covid, polos que xa foi sancionada no seu momento, "non se volveron a repetir".

En todo caso, o director do centro asegurou que entende "o nerviosismo" e a "preocupación" dos pais tras ver a súa foto nos medios de comunicación, pero de momento rexeitou adoptar outro tipo de accións e reiterou que a afectada "tamén ten os seus dereitos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE