Novas restricións en Galicia: 17 municipios seguen igual e alivio para o resto, en dous niveis

As áreas sanitarias de Santiago, Ourense, Lugo e Vigo son as que sufrirán menos limitacións, abrindo hostalería en interiores ao 30%. Alivio menor de limitacións para os distritos santiarios da Coruña, Ferrol e Pontevedra, por exemplo poden abrir a hostalería pero só terrazas.


|

As áreas sanitarias de Santiago, Ourense, Lugo e Vigo son as que sufrirán menos limitacións, abrindo hostalería en interiores ao 30%


Alivio menor de limitacións para os distritos santiarios da Coruña, Ferrol e Pontevedra, por exemplo poden abrir a hostalería pero só terrazas


17 municipios quedan igual que ata o de agora por ter unha incidencia acumulada superior a 500


A Xunta de Galicia reabrirá parcialmente a hostalería e a mobilidade entre municipios na maior parte dos concellos galegos, isto é, naqueles que non se atopan por encima do nivel de risco extremo, onde tamén poderán reunirse non conviventes.


Varias persoas na terraza dun bar un día antes do peche da hostalería, en Vigo, Galicia (España), ao 26 de xaneiro de 2021. O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da c



Así o anunciou este luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico que avaliou a situación epidemiolóxica da comunidade e propuxo as medidas para tomar.


NIVEL MÁXIMO: 17 MUNICIPIOS quedan COMO ESTÁN 

En concreto, manterán as medidas como o actuais -peche total de hostalería e peche perimetral municipal, ademais de reunións só de conviventes-- aqueles municipios que superen os 500 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. Son 17 municipios, que representan o 2,6% da poboación.


Estes 17 municipios son:


Toques , Cabanas, Carballo, Catoira, Corcubión, O Corgo, Gomesende, A Gudiña, Guitiriz, Larouco, Malpica de Bergantiños, Moeche, A Peroxa, Ponteceso, A Pontenova, Aranga e Xunqueira de Espadanedo. 


O restante 83% da poboación galega vive, con todo, en municipios que se atopan en mellor situación e, en función da cifra de casos e a ocupación de UCI, poderán moverse entre concellos na mesma situación epidemiolóxica, reabrir a hostalería e manter reunións entre non conviventes.

NIVEL INTERMEDIO: 
Son 33 municipios, todas as áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Pontevedra; porque teñen unha incidencia de 250 e 500,  salvo claró está os municipios que soporten nivel máximo de restricións.


Neste nivel intermedio as reunións serán dun máximo de 4 persoas e a hostalería só abrirá en terraza a partir do venres, a metade de aforo e ata as 18 horas.


Nestes municipios seguen os perímetros, pero haberá liberdade de movementos entre os municipios das áres co mesmo nivel, é dicir todos os que non sufran as limitacións de nivel extremo.


NIVEL INFERIOR:  

Son 189 municipios. Todas as áreas sanitarias de Santiago, Ourense, Lugo ou Vigo porque estas áreas teñen menos de 250 casos por 100.000 habitantes, salvo está claro os que sufran as restricións do nivel máximo.


No nivel inferior poderá reabrir a hostalería ata as 18,00 horas un 30% en interior e un 30% en terraza e as reunións serán de ata seis persoas.


Permítese a mobilidade entre concellos do mesmo nivel. Será posible, por exemplo, unha viaxe entre Santiago e Ourense.  Non será posible, por exemplo, unha viaxe de Santiago a Pontevedra ou calquera municipio da súa área. As reunións deben ser, iso si, de 4 non conviventes, sempre con máscara. Piscinas e ximnasios poderán abrir.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE