O regreso de Angeliño tras máis de dous meses de ausencia por unha bronquite dá ás á AS Roma en Europa

Os afeccionados romanistas celebran o retorno do galego e xa comezan a debuxar os cambios no equipo coa súa volta ao once.


|

Angeliño, entre Dybala e Soulé nun dos últimos adestramentos da AS Roma | Foto: AS Roma

 

Pensar que na vitoria por 0-3 da AS Roma ante o Celtic de Glasgow o marcador final non foi a mellor noticia da noite, suxire o peso que ten o regreso de José Ángel Esmorís Tasende ao verde. Pendentes sempre de si os xeonllos ou nocellos dos futbolistas responden adecuadamente, en ocasións as ausencias débense a cuestións máis terreais, como unha enfermidade que deriva nunha cuestión máis severa. Ocorreulle a Angeliño, o noso protagonista, que por culpa dunha bronquite asmática -ou así o anunciaron os médicos do club nun primeiro momento- pasou máis de dous meses no dique seco sen poder vestir de curto. O tortuoso camiño terminou onte á noite na Europa League con 5 minutos ilusionantes que supoñen a volta dun dos xogadores fundamentais na AS Roma os dous últimos anos.

 

 

UNHA VOLTA MOI ESPERADA

Angeliño saltou ao campo no minuto 85, co partido totalmente resolto grazas ao dobrete de Ferguson e o autogol de Scales, ademais de polo desatino dos escoceses, que marraron un penalti e viron anulado o gol de Ihenacho por fóra de xogo. 

 

Eses cinco minutos bastáronlle ao galego para axitar a árbore polo seu carril, pór picante na área dos blanquiverdes e devolver unha peza catedralicea nas aspiracións dos da capital tanto en Europa como na Serie A.

 

 

A sensación xeral foi de alegría ao ver o regreso do lateral de Coristanco. Titularísimo desde a súa chegada á cidade eterna, Angeliño foi unha peza fundamental para Daniele De Rossi ou Ranieri, de igual maneira que, até a súa enfermidade, foi un dos futbolistas máis utilizados por Gasperini desde a súa chegada ao equipo o pasado verán. 

 

 

Os afeccionados giallorossi xa comezaron a fabular sobre como evolucionará o esquema de Gasperini co regreso de Angeliño ao once. Conscientes de que o galego aínda necesita rodar para regresar ao nivel óptimo que lle abra as portas da titularidade, nos círculos do Olímpico de Roma xa comezan a debuxar unha aliñación onde Wesley regresará ao seu carril, o que suporá un alivio para Soulé, que podería explayarse máis no seu labor ofensivo. 

 

 

Coa súa volta, e aínda que aínda haberá que esperar semanas antes de velo en plenitude, Angeliño preséntase como un elemento importantísimo en 'A Lupa', un pouco en horas baixas despois dunha serie de malos resultados no Calcio -dúas derrotas consecutivas pola mínima ante Nápoles e Cagliari- que afastaron ao equipo da cabeza da táboa. 

 

Imaxe
Angeliño, á dereita, celebrando o triunfo xunto aos seus compañeiros | Foto: AS Roma

 

Na Europa League aínda pujnan por entrar no Top-8, separados só por un punto do Porto e Braga, que ocupan as dúas últimas prazas. Esperan Stuttgart e Panathinaikos, dous ósos duros de roer pero que, con Angeliño de novo voando pola banda, poden caer a mans dos centuriones romanos.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE