Covid municipios: Santiago e Vigo poden saír pronto de risco alto e hai rebrote de covid en Ponteceso

A evolución de diagnósticos en todos os municipios de Galicia pódese consultar no buscador da táboa ao final desta noticia.



|

O vermello do risco extremo de coronavirus dominou o mapa municipal de Galicia case por completo ata a primeira semana de febreiro. A melloría foi rápida. Hoxe só as comarcas do Salnés, Arousa, A Coruña, Bergantiñis, Ferrolterra, Pontevedra e Betanzos teñen á maioría dos seus municipios cunha incidencia acumulada superior a 250 positivos en dúas semanas por cada 100.000 habitantes.


A outra cara da moeda está sobre todo nas zonas do interior máis despobladas. Comarcas como A Fonsagrada, Terras de Caldelas, A Baixa Limia, Os Ancares e A Ribeira Sacra teñen á maioría dos seus concellos con menos de 25 positivos en dúas semanas por 100.000 habitantes. Unha incidencia acumulada que lles permite lucir no mapa vestidad do verde da nova "normalidade".





A lista de concellos cuxo cómputo de positivos a dúas semanas máis cae hoxe respecto onte é:


  • Boiro +2
  • Noia +2
  • Outeiro De Rei +2
  • Tomiño +2
  • Ponteceso +4 


Preocupante é a evolución en Ponteceso, que leva con rebrote desde polo menos hai unha semana. O día 15 sumaba 19 positivos en dúas semanas, hoxe son case o dobre, 36.


A relación de muncipios cuxa suma de positivos en 14 días máis baixa hoxe respecto a a de onte é:


  • Coruña (A) -73
  • Poio -31
  • Ourense -28
  • Pontevedra -25
  • Santiago de Compostela -18
  • Arteixo -16
  • Betanzos -14
  • Ferrol -13
  • Sada -13
  • Culleredo -12
  • Oleiros -11
  • Vilalba -11
  • Cambre -10
  • Lalin -10


COMPARATIVA DE CIDADES


Unicamente A Coruña, Ferrol e Pontevedra seguen en risco extremo en fución da súa incidencia acumulada bisemanal, por ter máis de 250 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas:





Vigo e Santiago son as que mellores datos gozan. De feito, se todo evoluciona igual de ben que na última semana, nos próximos días debería baixar de 150, pasando de risco alto a risco medio.


Iso si, a melloría de Vigo freouse tanto nos últimos días que a súa curva estase aplanando perigosamente En todo caso, a incidencia acumulada actual en Vigo é menor da que había ao principio do fatídico nadal:



O descenso de Santiago tamén perdeu brío nas últimas semanas, aínda que menos que en Vigo. En compostela a incidencia acumulada actual tamén é menor que a había ao principio de nadal, 176 fronte a 206:





A evolución de diagnósticos en todos os municipios de Galicia pódese consultar no buscador da táboa ao final desta noticia.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREAS


A curva de todos os distritos do SERGAS segue descendendo. De feito, desde o 2 de febreiro non hai ningunha que sufrise un repunte. Unha das mellorías máis rápidas están sidendo as das áreas de Santiago, que hoxe baixa dos 1.000 einfectados por vez primeira desde o 13 de decembro, hai máis de dous meses.





ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS


A menor presión hospitalaria está en Ourense, con só seis enfermos críticos e 65 en cama convencional. Datos que contrasta co apurado da situación na Coruña, onde a pesar da melloría destas semanas aínda hai máis de 50 enfermos críticos e case 170 en cama convencional.


KV7EO coronavirus por concellos de galicia  (13)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE