​A permanencia do Lugo pasa por Panamá grazas ao 'Puma' Rodríguez

O panameño é un dos xogadores máis destacados da tempada do CD Lugo.


|

O panameño é un dos xogadores máis destacados da tempada do CD Lugo.


Puma cd lugo

'Puma' Rodríguez celebra o seu gol ante o Oviedo | Foto: A liga


Este ano moitos foron os animais que foron vistos fóra do seu hábitat: unha pantera en Granada, un crocodilo en Valladolid...e un puma en Lugo. Este último, para alegría dos incondicionais do CD Lugo, é unha especie autóctona do Anxo Carro esta tempada, e está a causar máis dun detrozo ás defensas rivais.


A última vítima da poutada do 'Puma' Rodríguez foi o Real Oviedo, que tivo que levantar o tanto inicial do panameño, un lategazo coa zurda desde fóra da área, para levar a vitoria no Tartiere. É a primeira vez que un gol do atacante non reporta puntos aos lucenses, que ata o de agora contaran por vitorias os tantos do 'Puma'.


Só as lesións apartaron ao futbolista cedido polo Deportivo Arabés do once de Nafti. Dos dez partidos nos que non participou o Rodríguez o Lugo só sumou dez puntos e só anotou seis tantos. O Lugo, rochoso atrás e efectivo nas áreas, necesita de todos os seus artilleiros para espremer o máximo rendemento ao seu fútbol, especialmente no que se refire ao xogo polas bandas, onde o 'Puma' é unha peza crave xunto a Hugo Rama.


O bo facer do extremo foi recompensado co agarimo da afección e os eloxios dos seus compañeiros, aos que devolveu o cumprido en rolda de prensa. “Vir foi a mellor decisión que puiden tomar. Teño un grupo de compañeiros extraordinarios”, comentou o xogador, que dixo sentirse “moi feliz” na cidade amurallada. Doutra banda, o panameño foi autocrítico coas últimas actuacións do seu equipo, que encaixou sete goles no últimas tres xornada, polo que incide na necesidade de “mellorar estes números”.


Sobre a súa recuperación, admitiu que era un tema que o “amolou” esta tempada, pero avoga por ir “aos poucos” ata recuperar o máximo nivel, algo que marcará o adestrador dos albivermellos cando lles conceda os 90 minutos. O Logroño, equipo que xa recolleu da rede dous goles do internacional con Panamá, será o seu próximo rival. O 'Puma' xa afía as garras.    


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE