Os negocios con débedas á administración poden acceder ás axudas do segundo plan de rescate da Xunta

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este xoves o segundo plan de rescate para hostalería, autónomos e micropemes impulsado pola Administración autonómica para combater os efectos da covid-19, polo que llas axudas poderanse pedir de forma inmediata.




|

O DOG publica este xoves a apertura das solicitudes de axudas do segundo plan de rescate da Xunta para a hostalería galega, así como para autónomos e micropemes. 


Esta convocatoria incorpora a novidade de que tamén poderán acceder ás axudas os titulares daqueles negocios que teñan débedas tributarias coas administracións públicas.


Arquivo - Cvirus.- Hostaleiros e autónomos poderán solicitar de inmediato as axudas do segundo plan de rescate da XuntaA hostalería é un dos sectores máis golpeados pola pandemia | Foto: EP


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este xoves o segundo plan de rescate para hostalería, autónomos e micropemes impulsado pola Administración autonómica para combater os efectos da covid-19, polo que llas axudas poderanse pedir de forma inmediata.


Nun acto en Fisterra (A Coruña), en declaracións aos medios, Rueda reiterou, ademais, que a intención da Xunta é repartir as axudas "o máis rápido posible, do mesmo xeito que no primeiro plan".

"Serán 75 millóns que se unen aos 85 repartidos no primeiro plan, e queremos que chegue canto antes a quen agora teñen os seus negocios pechados. Necesitan a axuda das administracións e terán a da Xunta", dixo.

Finalmente, lembrou que esta convocatoria incorpora a novidade de que tamén poderán acceder ás axudas os titulares daqueles negocios que teñan débedas tributarias coas administracións públicas.

"Non era posible, pero á vista da situación tan complicada que hai, a Xunta fará unha excepción", resolveu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE