Alivio mínimo de restricións en Galicia: o comercio recupera horarios pero non a hostalería

O presidente da Xunta acaba de anunciar que Galicia segue con restricións máximas. Os alivios son por agora mínimos, á espera da seguinte reunión da próxima semana.


|

O presidente da Xunta acaba de anunciar que Galicia segue con restricións máximas. Os levantamentos son por agora mínimos, á espera da seguinte reunión da próxima semana.


A única novidade realmente relevante é que a partir do mércores o comercio volve aos seus horarios habituais. Iso si, o aforo máximo segue sendo do 50 por cento. Mantéñense pechados os centros comerciais as fins de semana.


Ata o de agora, só os comercios de produtos básicos (supermercados, farmacias, etc.) podían manter o seu horario habitual. O resto estaba limitado ata as 18 horas, pero xa non.


Feiju00f3ou na rolda de prensa anunciando o primeiro alivio das restricións nesta terceira onda


Feijóo na rolda de prensa anunciando o primeiro alivio das restricións nesta terceira onda 


Outra novidade é que o 22 de febreiro volverán as clases presenciais nos ensinos especiais, como as Escolas Oficiais de Idiomas ou nos conservatorios. Nas universidades as clases presenciais volverán o 1 de marzo. Antes de que os universitarios volvan ás facultades, a Xunta planea un cribado masivo entre os estudantes.


Nalgunhas residencias, as que completasen a vacinación fai 10 ou máis días, amplíanse as visitas, ata o de agora limitadas a un familiar.


Para a próxima reunión, Alberto Nuñez Feijóo adiantou que se valoraría levantar outras medidas, como a vixente prohibición de reunións de non conviventes. O mandatario argumentou que o nivel de ocupación nas unidades de coidados intensivos non permite máis marxe de alivio ata o de agora. "Os resultados son esperanzadores pero aínda non suficientes",  concluíu.


Mantense o illamento perimetral por municipios, aínda que Feijóo indicou que algunhas zonas poderíase aliviar despois das próxima reunón do comité de expertos do SERGAS, que será o vindeiro luns, en función de como sexan os datos desta semana.


Continúa tamén o polémico peche total da hostalería en todos os concellos. 


Sobre a vacinación, Feijóo dixo que "parece" que a vacina de Jansen autorizarase en marzo. O presidente dixo que mantén "a primeira semana de maio" como límite para que se vacinen todos os maiores de 80.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE