Jácome compara os accidentes de Schumacher e Alonso e chámalle 'jeta' a unha concelleira do PSdeG

Un comentario do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, no seu perfil de Twitter, no que equipara o accidente sufrido por Fernando Alonso co que no seu día sufriu Michael Schumacher desatou a polémica nas redes, con decenas de respostas críticas e tamén outras que defenden a "reflexión" do rexedor.

|

O líder de Democracia Ourensá segue sementando polémicas  e gobernando a terceira cidade de Galicia con só dous concelleiros


Un comentario do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, no seu perfil de Twitter, no que equipara o accidente sufrido por Fernando Alonso co que no seu día sufriu Michael Schumacher desatou a polémica nas redes, con decenas de respostas críticas e tamén outras que defenden a "reflexión" do rexedor.


Gonzalo Pérez Jácome en rolda de prensa.


Jácome apunta que "do mesmo xeito que M. Schumacher en esquí no seu día, Fernando Alonso tivo un grave contratempo en bicicleta". É irónico para eles que ambos os accidentes fosen fose do seu deporte de risco, a F1. Ou quizais foi por iso, por non dominar tanto a situación aínda con risco menor", esgrimiu.







Este comentario foi reprobado por "estar fóra de lugar" en numerosas respostas dos seus perfís en redes sociais, mentres que outros usuarios de Twitter defenden ao rexedor e consideran que "se lle saca punta" a "calquera cousa que diga". 


Despois celebrouse o pleno telemático do Concello de Ourense. O PSOE di que Jácome insultou  á concelleira socialista Natalia González e, que de feito, faio de maneira continuada.



Pola súa banda, o edil asegura que só chamou "morro" a unha concelleira e dixo que o PSOE estatal considera ao PSOE de Ourense unha "merda".





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE