Están a morrer 24 galegos cada día con covid este mes aínda que os novos positivos seguen caendo


Os últimos datos do covid-19 no país reforzan a melloría. Aínda que os novos positivos soben respecto a os dous últimos días, as medias, que é o importante, seguen á baixa. 


|

Os últimos datos do covid-19 no país reforzan a melloría. Aínda que os novos positivos soben respecto a os dous últimos días, as medias, que é o importante, seguen á baixa. 


A retirada do coronavirus é xeneralizada en case todo o territorio, con algunhas excepcións, como Guitiriz. A que non cae  notablemente aínda é a ocupación das UCIs. 


A cifra de mortes diarias empeza a baixar, pero aínda así Febreiro será probablemente o mes con máis falecementos de toda a pandemia.


UGWvm  b evoluci n das mortes de coronavirus en galicia b




Así, os 654 novos diagnósticos é a peor cifra do últimos tres días pero visiblemente inferior que as da semana pasada. En consecuencia, a incidencia acumulada a 7 días descende de 204 a 193. Primeira vez que baixa de 200 desde o 13 de xaneiro.


Abrindo o plano a dúas semanas, a incidencia acumulada cae de 497 a  473, o mellor rexistro desde o 19 de decembro. As dúas incidencias acumuladas, semanal e bisemanal, están a descender máis rápido que en pasadas ondas, aínda que non tan rápido como foi o terrible ascenso de xaneiro.





A taxa de positividade rebota hoxe levemente pero a tendencia xeral segue sendo boa. A 5,2% axuda a que a media baixe do 6,3% ao 6,1%.  O SERGAS xa non está a bater os seus récords de PCR, algo lóxico ao haber menos contactos estreitos por haber menos positivos. 


Con todo, o esforzo segue sendo notable, a media móbil está en 12.200 PCRS á semana cando o récord da semana pasada foi de 12.900. Cifras excelentes comparadas co incomprensible parón de Nadal, cando a media derrubouse pouco máis de 5.000.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

A cantidade de infectados redúcese nun 4,4%, o que axuda a seguir afundindo a media semanal ata o 3,4%, que iguala o mellor rexistro da recuperación de outono. 





Este indicador, que adoita ser o primeiro que nos avisa de cambios de tendencia, non mostra indicios de rebote. Afortunadamente, o SERGAS pode seguir contando con que os casos activos sigan baixando nos próximos días. Hoxe sitúanse en 17.362, 820 menos que onte.


CONCLUSIÓNS

Analizando todas estas gráficas, podemos inferir que:

A pandemia continúa retrocedendo en Galicia e non hai sinais que alerten dun posible rebrote pronto.


  • A melloría é notable nas plantas de hospitalización convencional. Hai 975 galegos hospitalizados non críticos, que son 275 menos dos que chegou a haber. É dicir,  un alivio do 22% en 10 días, aproximadamente.
  • Desgraciadamente, un dos factores que contribúe á rápida melloría é a brutal cifra de falecidos. Onte foron 28 mortos máis. No que levamos de febreiro comunicáronse 241 decesos, máis de 24 por día. Xamais morrera tanta xente por coronavirus en Galicia.
  • A pesar da notable melloría, a situación nas unidades de críticos aínda non mellorou notablemente. A porcentaxe de ocupación sobre as camas convencionais que había antes da pandemia -non sobre as que a Xunta pode improvisar a maiores- é do 87% e chegou a ser do 94%. É dicir, xa houbo un descenso, pero pequeno.
  • A situación dificilísima nas UCIs aínda se prolongará, con sorte, varias semanas máis. É por iso que sería temerario calquera alivio importante das restricións, sobre todo nas cidades, pois calquera repunte, por mínimo que sexa, pode facer colapsar todas as UCIs, como colapsaron as de Ferrol e Pontevedra.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

A Coruña é a área que aínda soporta maior presión hospitalaria, con 80 enfermos críticos. É a área que tamén rexistra máis novos positivos, 203 dos 654, a pesar dos novos contagios na cidade seguen descendendo




Lugo é a área sanitaria con menos novos contagios, 48. Os datos de Lugo son especialmente bos, teniendo en cuenta que máis dunha ducia deses positivos provén dun só municipio, Guitiriz, que é o concello de Galicia que peor se está comportando nos últimos días en relación ao seu tamaño. Máis detalle da evolución das cifras por concellos e áreas sanitarias nuns minutos en Galiciapress.















EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE