Covid concellos: caídas importantes nas medias de positivos en todas as cidades, salvo Ferrol




O mapa do coronavirus en Galicia reflicte como, moi aos poucos, algúns municipios rurais abandonan en nivel de risco máximo, en vermello no mapa, beneficiándose do lenta pero prolongada melloría de febreiro a nivel galego.


|

O mapa do coronavirus en Galicia reflicte como, moi aos poucos, algúns municipios rurais abandonan en nivel de risco máximo, en vermello no mapa, beneficiándose do lenta pero prolongada melloría de febreiro a nivel galego.


Por exemplo, Gondomar é o cuarto concello da provincia de Pontevedra que baixa a risco alto, ao ter entre 150 e 250 positivos nas últimas dúas semanas por 100.000 habitantes. 


En nordés de Lugo, a zona máis próxima a Asturias, xa non queda ningún municipio con máis de 250, salvo Trabada.




Hai unha semana a lista de muncipios cuxa suma de positivos a 14 días aumentaba era eterna. Afortunadamente, tórnalas cambiaron, e moito.  Hoxe só dous ayuntaientos sofren un ascenso relevante: Guitiriz (+9) e Mos (+6).



A lista de municipios cuxo cómputo de positivos a 14 días máis baixa respecto ao mesmo cómputo onte é:



  • Vigo -64
  • Santiago de Compostela -55
  • Ourense -48
  • Coruña (A) -43
  • Pontevedra -39
  • Poio -39
  • Ames -17
  • Cambre -17
  • Lugo -17
  • Tui -17
  • Ponteareas -16
  • Soutomaior -15
  • Valga -14
  • Arteixo -13
  • Monforte de Lemos -12


Vigo non só é a cidade que máis baixa hoxe en termos absolutos, tamén é a urbe de Galicia con mellor incidencia acumulada a dúas semanas. 





Iso si, está aínda lonxe dos 250 de incidencia acumulada, a barreira para saír de risco extremo. Con todo, Vigo é a cidade galega mellor posicionada para logralo nas próximas semanas, de cotinuar a súa pronunciada melloría actual:






As peores cifras seguen sendo para A Coruña, a pesar de que hai xa tempo dobrou a súa curva a finais de xaneiro e hoxe logra un -43.  A melloría na Coruña está a ser máis lenta que en Vigo:






A segunda cidade con peor incidencia acumulada é Ourense, aínda que está lonxe do pico, cando chegou a superar os 900.  Ourense leva mellorando notablemente polo menos unha semana tras pasar outra semana nunha 'meseta':




A evolución en todos os municipios de Galicia pódese consultar no buscador da táboa ao final desta noticia.


EVOLUCIÓN DE CASOS ACTIVOS POR ÁREAS

Os infectados baixan en todas as áreas sanitarias hoxe, reflexo de as boas cifras a nivel galego. Incluso Pontevedra, a área con peor comportamento nos últimos días, presenta xa unha curva en leve pero claro descenso. Hai que ter en conta que Pontevedra tamén foi a área que tardou máis en sufrir o impacto desta onda.



Os casos activos de Covid-19 en Galicia seguen coa tendencia descendente e sitúanse en 19.246, o que implica 720 menos que os contabilizados a xornada anterior.

En concreto, descenden en todas as áreas sanitarias galegas, deles, 5.161 corresponden á da Coruña e Cee; 3.146 á de Vigo; 2.932 á de Santiago e Barbanza; 2.482 á de Pontevedra e O Salnés; 2.096 á de Ourense; 1.767 á de Lugo; e 1.661 á de Ferrol. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS





Nas últimas 24 horas notificáronse 166 positivos por PCR  na área da Coruña; 74 na de Vigo; 60 na de Santiago, 50 na de Lugo; 49 na de Ferrol; 48 na de Pontevedra e 43 na de Ourense.



HOSPITALIZADOS

Así se reflicte nos datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, nos que se constata que hai 254 pacientes con Covid-19 en UCI, seis máis, e 1.063 noutras unidades, 37 máis.

Por áreas sanitarias, a de Ourense rexistra un maior incremento, con dous pacientes máis en UCI (20) e 161 noutras unidades --oito máis--; seguida da de Vigo, na que aínda que hai un menos en críticos (29), aumentan a 145 os doutras unidades --nove máis--.

Mentres, na de Ferrol, descenden nun os pacientes en UCI (23), pero soben en oito os que permanecen noutras unidades e sitúanse en 158; mentres que na de Santiago e Barbanza hai tres máis en críticos (47) e catro máis noutras unidades (133); na de Pontevedra e O Salnés baixan en dúas os críticos (21) e aumentan en seis os doutras unidades con coronavirus (111).

Na área da Coruña e Cee os pacientes en UCI increméntanse en catro ata os 85 e nun os que se atopa noutras unidades (287), mentres que na de Lugo soben a 29 o críticos --un máis-- e a 68 os doutras unidades --uno máis--. 


FALECIDOS
Desde o inicio da pandemia curáronse en Galicia 83.504 persoas, 1.229 máis que a xornada anterior. E faleceron 1.967 persoas, tras notificar nas últimas horas Sanidade a morte doutras 17 persoas con Covid-19.

De feito, as vítimas mortais comunicadas na noite deste domingo corresponden aos últimos catros días --do 4 ao 7 de febreiro-- e cinco eran usuarios de residencias de maiores. Todos tiñan patoloxías previas. 

KV7EO coronavirus por concellos de galicia  (7)






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE