Líderes socialistas piden que Besteiro volva a "primeira liña" tras ser exculpado do caso Garañón

Certo é que eses chamamentos varían en entusiasmo. O actual líder, Gonzalo Caballero, di que ten "as portas abertas" e desde A Coruña, ás veces críticos con Caballero, adiantan que Besteiro ten todo o seu apoio.


|

O arquivo da causa contra o que fose candidato do PSdeG á Xunta provoca unha avalancha de chamamentos para que Besteiro volva á política


Certo é que eses chamamentos varían en entusiasmo. O actual líder, Gonzalo Caballero, di que ten "as portas abertas" e desde A Coruña, ás veces críticos con Caballero, adiantan que Besteiro ten todo o seu apoio.


O secretario de Organización do PSOE provincial coruñés, José Manuel Lage Tuñas, cualificou de "imprescindible" reparar o "dano" ao exlíder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, tras o arquivo das actuacións do caso de O  Garañón pola que estivo investigado xunto ao exalcalde de Lugo, José López Orozco, que tiveron que deixar os seus cargos por mor destas imputacións.

CRÍTICAS A PILAR DE LARA
En declaracións a Europa Press, asegurou que, con esta decisión xudicial, "queda claro que Besteiro e Orozco foron acusados sen probas nunha actuación xudicial impresentable".  Hai que lembrar que a instrución da xuíza Pilar de Lara prolongouse durante lustros, algo que contribuíu a que finalmente a xuíza fose sancionada e perdese a súa praza en Lugo.


No caso concreto de Besteiro, Lage Tuñas apelou á súa volta á "primeira liña" da política.

"É imprescindible que se repare o dano a Besteiro", dixo Lage, que remarcou que o exlíder do PSdeG "sufriu en silencio durante máis de cinco anos coa posta en dúbida da súa honorabilidade".

"UN GRAN CANDIDATO"
Del, dixo tamén que é "un dos activos máis valiosos que ten o PSdeG". "Era un gran candidato á Xunta que foi apartado inxustamente", dixo destacando do mesmo a súa "experiencia de xestión, coñecemento do mundo urbano e rural, os seus dotes de liderado e a súa gran empatía e proximidade ao cidadán medio".

Por todo iso, considerou que sería "unha gran noticia" que volvese participar "activamente" no PSdeG. E aínda que admitiu que se trata dunha decisión "persoal", trasladou que os socialistas da provincia da Coruña apoiarán "que volva á primeira liña".


Cancelabesteiromendezromeu

Besteiro con Cancela e Méndez Romeu cando lideraban o PSdeG nunha foto de EP


Por outra banda, lamentou que "durante algún tempo prevalecese a presunción de culpabilidade sobre a inocencia", algo que considerou aplicable non só a este caso senón tamén a outros.

"Hai persoas e responsables públicos que utilizaron as falsas acusacións para facer política e espero que pidan perdón", expuxo tamén o secretario de Organización do PSOE provincial coruñés.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE