O xefe de filas do PSdeG defendeu un modelo de país alternativo dunha Galicia "solidaria e amable que non deixe a ninguén atrás" grazas aos 615 millóns de euros adicionais pola condonación da débeda e aos ingresos derivados de cambiar o modelo fiscal para que pague máis quen máis ten
Certo é que eses chamamentos varían en entusiasmo. O actual líder, Gonzalo Caballero, di que ten "as portas abertas" e desde A Coruña, ás veces críticos con Caballero, adiantan que Besteiro ten todo o seu apoio.
Lara Méndez afirma sobre Gómez Besteiro que "o PSOE non espera a ninguén e conta con todos" para superar esta "mala época".