Case a metade das residencias galegas xa están "100% inmunizadas" contra a Covid-19, afirma a Xunta
Fabiola García, conselleira de Política Social, di que a administración autonómica está "a poñer todo o que está ao noso alcance" para manter o ritmo de vacinacións.
Nese sentido, indica que o 43% dos geriatricos de Galicia xa recibiron a segunda dose e que nos próximos días alcanzarase a todos os centros.
Campaña de vacinación | Foto: EP
A conselleira de Política Social, Fabiola García, cifrou en case un 43% as residencias en Galicia "100% inmunizadas", unha porcentaxe de inmunización que espera que se alcance en todos estes centros "nos próximos días".
Así o manifestou en declaracións aos xornalistas antes dunha reunión con responsables de casas de maiores. A conselleira destacou este dato e tamén o feito de que "cunha incidencia que é o triplo que no mes de marzo", o número de positivos en residencias sexa "a metade".
Sobre os protocolos existentes, dixo que se foron "mellorando" en cada unha das ondas e incidiu en que as autoridades sanitarias están a poñer ao dispor das residencias "todos os medios humanos e materiais que son necesarios", ademais de intervir aquelas en as que se considera que pode estar "comprometida a calidade asistencial e sanitaria".
Á posta ao dispor destes centros de "equipos de protección individual", sumou a realización de cribados "cada tres días". "Estamos a poñer todo o que está ao noso alcance", recalcou ao defender a xestión realizada pola Xunta despois de ser preguntada pola mortalidade nestes centros e crese que se deberían adoptar outras medidas.
Por outra banda, sobre a vacinación dixo que esperan "canto antes" poder vacinar naquelas residencias con brotes unha vez que negativicen os afectados.
CASAS DO MAIOR
A conselleira realizou estas manifestacións antes da reunión con responsables de casas de maiores co obxectivo de "escoitar as súas propostas" ante unha nova convocatoria sobre uns centros distribuídos polo rural galego.
Nestes momentos, hai abertas, segundo precisou Fabiola García, "20 casas do maior" e sinalou que se van a investir "máis de dous millóns para poñer en funcionamento 63 casas". Da nova convocatoria, indicou que levará consigo melloras como "transporte gratuíto desde o domicilio do usuario".
Escribe o teu comentario