​O CD Lugo espera ao comezo do “efecto cachoeira” no mercado de fichaxes para reforzarse

O cadro lucense, encorsetado polas urxencias económicas aguantará ata última hora para mover ficha.


|

O cadro lucense, encorsetado polas urxencias económicas, aguantará ata última hora para mover ficha.


Nafti lugo

Nafti dirixe un adestramento | Foto: CD Lugo


Non é un ano para moitos despilfarros e iso sábeno no Anxo Carro. Cada céntimo conta e no CD Lugo están a esperar a que o resto de equipos de Segunda saquen a chequeira para rascarse o peto. O mercado tampouco permite excesos e todos buscan pisar sen risco nunha tempada na que, máis que nunca, un investimento arriscado pode conducir ao equipo ao éxito ou á ruína. Por iso, sen présa pero sen pausa, na cidade amuralla esperan a que comecen a caer as fichas na últimas hora do mercado de xaneiro.



Concretamente, o Lugo ten a vista posta ao que ocorra no Carlos Tartiere. En Oviedo Ziganda busca acomodar a algunhas antes de que a xanela invernal bote o peche. O primeiro en saír foi Aburjania, vello coñecido da afección albivermella, que se marchou rumbo a Cartaxena. O seguinte en saír parece que será Rafa Mujica, que vestirá a elástica das Palmas en breve. E logo, se se cumpren as aspiracións do Lugo, Cedric Teguía pasará a estar ao dispor de Nafti.


Varios medios fixéronse eco xa do interese dos galegos no hispanocamerunés, formado na canteira do Atlético de Madrid. Zurdo, con potencia e capaz de xogar por ambas as bandas, o extremo non gozou de moitas oportunidades en Asturias e aos seus 19 anos necesita de minutos de calidade para crecer. Só ante o Leganés e o Lugo formou parte do once titular, e no Anxo Carro callou un bo partido. Polo demais, Ziganda só permitiulle presenzas testemuñais en liga.


Internacional coas categorías inferiores de España, Teguía supoñería un sopro de aire fresco para un equipo que anda escaso de xogadores do seu perfil, con potencia e desborde polos flancos. Ademais, a boa relación entre o presidente do Lugo e os representantes do xogador achegan aínda máis ao mozo ao Anxo Carro. Con todo, no Lugo non farán ningún movemento ata cerciorarse de que o mercado non ofrecerá nada mellor. Quedan poucas horas antes de que se peche o mercado e todo debe calcularse ao milímetro. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE