Ten Yolanda Díaz opcións de converterse na líder estatal de Unidas Podemos?
A ministra galega é a terceira mellor valorada polos españois. A ex-dirixente de Esquerda Unida e militante do PCE é a preferida polos españois entre todos os membros da coalición que lidera Pablo Iglesias. Ademais, logrou forxar consensos entre sindicatos e empresarios antes e despois da chegada do coronavirus.
A ministra galega é a terceira mellor valorada polos españois, segundo a última enquisa do CIS. A ex-dirixente de Esquerda Unida e militante do PCE é a preferida polos cidadáns entre todos os membros da coalición que lidera Pablo Iglesias.
Ademais, logrou forxar consensos entre sindicatos e empresarios antes e despois da chegada do coronavirus.
Yolanda Díaz foi, sucesivamente, a ministra máis popular de Unidas Podemos desde que se formou o Goberno de coalición. No último barómetro do CIS publicado este xoves, a titular da carteira de Traballo situouse como a terceira persoa mellor valorada do Executivo -- empatando co xa exministro Salvador Illa--, só por detrás de Margarita Robles, que obtivo un 5,1 e Nadia Calviño, cun 5.
O seu nome xa soa nos medios de comunicación para ser a aspirante para quitarlle o trono de Podemos a Pablo Iglesias. Onte, nunha entrevista en RTVE, preguntaron a Irene Montero se a política galega debía ser a próxima candidata de Unidas Podemos ás eleccións xerais. A ministra de Igualdade eludiu contestar a esa pregunta, afirmando que esa é unha cuestión que "ten que decidir" o "conxunto do espazo" político do partido.
"Pero xa que me pregunta penso non só que é unha das ministras mellor valoradas, senón que é a persoa que por terceira vez conseguiu no marco social unha prórroga dos ERTE", sinalou Montero. E este non é o único logro da galega como ministra: tamén conseguiu levar ...
Escribe o teu comentario