Ao final, como se intuía, as eleccións catalás atrásanse. O 30 de maio é a nova data, se non deciden outra cousa ata ese momento. Ao final habería que aplicarlle á data electoral o refrán que fai referencia ao tempo meteorolóxico, pero que vale tamén neste caso: "Ata corenta de maio non te quites o sayo; e se o tempo é inoportuno, ata o corenta de xuño".
Con este novo cambio, temos uns cuantos meses máis de campaña electoral, coma se a cidadanía non tivese xa suficiente: leva varios anos inmersos en campañas, de todo tipo, o que leva a unha situación insufrible, perigosa, diría eu. Dicía Concepción Arenal que “todo o que endure, desmoraliza”, non lle faltaba razón, habería que engadirlle, e ademais cabrea de xeito abondo. Os motivos alegados para o cambio de data é a curva de afectados polo covid. Pero a realidade parece apuntar ás enquisas que non son boas para uns, e o contrario para outros. ERC, segundo as enquisas gañaría as eleccións mentres os de JXC disputaríanse a segunda praza co PSC, que non está de acordo co cambio. Non son os únicos que non queren, xa hai catro recursos presentados na sección 5 da Sala Contenciosa do TSJC. Non serán os únicos.
Mentres seguen as diferenzas entre as distintas formacións polo cambio de data, vén o director de comunicación de JXC, Pere Martí e na súa conta de Twitter manifesta -nun comentario xa eliminado - a súa alegría polo atraso, porque así, o seu partido, é dicir, o de Puigdemont, poderá superar, segundo el, aos republicanos. Pero non todo é alegría nese partido, Laura Borrás, a cabeza de lista, móstrase preocupada porque igual sae o seu xuízo antes desa data -por presunta prevaricación- e ten que deixar paso ao ambicioso Joan Canadell, o rei das gasolineiras pola independencia. Claro que a Puigdemont non lle está gustando o protagonismo de leste e a súa mentalidade extremista que lle lembra ao fracasado Quim Torra, que na súa última etapa á fronte do goberno de Catalunya deixou de lado os consellos de Puigdemont co único fin de converterse no mártir do proceso e pasar á historia.” O malo dos que se cren en posesión da verdade é que cando teñen que demostralo non acertan nin unha“, dicía Camilo José Cela.
En canto aos socialistas cataláns, as cousas non están a saír como esperaban. A irrupción de Salvador Illa como candidato cando Iceta xa era oficialmente o cabeza de lista non sentou ben a unha parte do partido- a outros si que estaban del ata os cumios- e as enquisas facían presaxiar un bo resultado. Illa ten boa imaxe e iso calou entre os posibles votantes. Agora, co atraso e o que está a suceder, pode perder popularidade.
Achácaselle á man dereita e confidente de Pedro Sánchez , Ivan Redondo- moi amigo e admirador de Pablo Iglesias – a xogada do cambio de candidato e de anunciar demasiado pronto, teniendo en cuenta a situación ascendente da Covid, a candidatura de Illa. É casual esta xogada do vasco? Algúns opinan que non.
Con este panorama electoral, que non é novo, ata o 30 de maior pode pasar moitas cousas e as enquisas poden cambiar. Iso esperan algúns e outros están que rabean polo cambio. “Nunca chove a gusto de todos”, e en política moito menos.
Escribe o teu comentario