Jason Remeseiro segue pasando no bico dos pés polo Valencia
O galego, sen oportunidades no equipo de Javi Gracia, espera poder cambiar o seu rol no conxunto che.
O galego, sen oportunidades no equipo de Javi Gracia, espera poder cambiar o seu rol no conxunto che.
Jason xunto a Daniel Wass | Foto: Valencia CF
A tempada de Jason Remeseiro no Valencia é equiparable á do seu equipo: totalmente intranscendente. O extremo, que polas súas características podería perfectamente ser un dos homes chamados a comandar este Valencia falto de liderado, apenas goza de oportunidades no conxunto dirixido por Javi Gracia, que non ve no coruñés a un xogador diferencial e que só o utiliza para darlle minutos sen verdadeiro valor.
O último concurso de Jason foi esta fin de semana en Copa ante o Alcorcón e apenas participou un cuarto de hora ante un equipo con moita menos entidade que o cadro che e co partido xa resolvido, o que deixa ás claras que o galego non entra nos plans do técnico. Tampouco ante o Yeclano, equipo de Segunda B, formou parte do once. Xogou media hora e co marcador mostrando un 1-4 favorable aos valencianistas.
O certo é que o xogador tampouco aproveitou as súas poucas oportunidades. Os seus ultimas titularidades significaron a derrota do seu equipo, ante Sevilla e Selecta. Especialmente dolorosa foi esta última contenda, na que o galego acabou expulsado por dobre amarela. A súa vermella foi a primeira pedra no mausoleo do Valencia, que terminou ese partido con nove e perdendo no minuto 88.
Apenas trece partidos contemplan o haber de Jason este ano. O pasado curso, no Xetafe, era un dos comodines de Bordalás, aínda que viviu no ostracismo boa parte da súa campaña como azulón, e previamente, no Levante, era un dos xogadores con máis minutos do equipo. Agora, Jason, afeito superarse, está obrigado a facerse imprescindible nun equipo con moitos mozos e pouca experiencia, algo que si ten o herculino, que trata de reivindicarse en Mestalla, onde non dubidarán en escoitar ofertas se por el se estas chegan en xaneiro.
Escribe o teu comentario