Covid por municipios: A área da Coruña bate récords con máis de 330 positivos nun día e 3.000 infectados

|

A práctica totalidade dos concellos da provincia da Coruña xa está en nivel de risco extremo (en vermello no mapa). Isto significa que superaron os 250 positivos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas.


É o máximo nivel de alerta no semáforo que pactaron Estado e Autonomías. Comarcas como Ortegal, A Mariña, Vigo, Val Miñor ou Arousa tamén teñen a case todos os seus concellos en alerta máxima. 





A área sanitaria da Coruña suma 337 novos positivos nun día. É unha cifra xamais alcanzada por ningunha área sanitaria galega na pandemia. A isto contribúe as pésimas cifras do Concello da Coruña con 1158 positivos nos últimos 14 días. Son 127 máis nun só día. 


Con todo, o problema non é só da urbe. Hai outros municipios próximos como Cambre ou Arteixo tamén na lista de concellos cuxo cómputo a 14 día máis crece hoxe:



  • Ribeira +15
  • Pontevedra +15
  • Tui +15
  • Viveiro +16
  • Ferrol +17
  • Cambre +19
  • Poio +19
  • Santiago de Compostela +23
  • Leiro +25
  • Arteixo +36
  • Carballo +41
  • Ourense +52
  • Vigo +70
  • Coruña (A) +127



Unha noticia especialmente mala é a presenza nesta lista de dous municipios da comarca de Pontevedra, a urbe e o veciño Poio. Pontevedra era a zona que mellor había capeado a actual crise ata o de agora.


A Coruña é a cidade con máis positivos en termos absolutos, pero non a urbe con peores cifras relativas. Ourense e Santiago teñen as maiores incidencias acumuladas a dúas semanas:







A lista de municipios cuxa suma de positivos en dúas semanas máis baixa hoxe é curta e cuns números moito máis modestos, como era previsible ante o empeoramento xeral de Galicia:



  • Santa Comba -4
  • Illa de Arousa -4
  • Porto do Son -3
  • Pastoriza (A) -3
  • Mos -3
  • Soutomaior -3


Lugo é a única cidade que resiste con menos de 150 positivos nas últimas dúas semanas por cada 100.000 habitantes, aguantando en nivel de risco medio (en rosa escuro no mapa). Con todo, isto podería cambiar moi pronto, pois Lugo está a empezar a empeorar notablemente.



Consulta os datos de todos os concellos de Galicia na táboa ao final desta noticia.



EVOLUCIÓN DE CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS


Xamais unha área sanitaria galega contara con máis de 3.000 enfermos. A Coruña xa ten máis de 3.100, tras sumar 286 casos activos onte. A curva epidemiolóxica da Coruña é simplemente aterradora:






ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS


Catro das sete áreas sanitarias de Galicia superan hoxe os 100 novos diagnósticos. Todas, salvo as dúas máis pequenas, Ferrol e Pontevedra e Lugo, onde a situación non empeorou tanto.







InXUz coronavirus por concellos de galicia  (14)







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress