Protesta de traballadores de Inditex para pedir a recolocación "nas mesmas condicións" tras os peches de tendas
Delegadas e delegados da CIG e traballadoras das tendas do grupo Inditex secundaron na Coruña unha concentración para esixir á empresa "que ofreza garantías de recolocación nas mesmas condicións, ingresos, xornada, horarios ou categoría", informa a CIG.

A central sindical expón tamén que sexa "co mínimo traslado posible ao persoal que se vexa afectado polo peche de tendas que a multinacional acaba de iniciar".
Respecto diso, sinala que xa comunicou "que, dentro do proceso de dixitalización, pechará en Galicia como mínimo 23 tendas ata xaneiro de 2023, sendo Uterqüe de Santiago a primeira en botar o peche xa a próxima semana".
"Xunto a esta, está anunciado o peche de Zara Home das Cancelas e as tendas Massimo Dutti de Ourense e Lugo e a área de cabaleiro do local situado no Marineda City", engade a central que cuestiona o acordo asinado con CCOO e UXT.
"Que fala na teoría de conservar os postos de traballo pero sen garantir con certeza ningún dereito". "Isto pode supoñer desprazamentos a centros de quilómetros, cambios de horarios ou xornadas inasumibles para as traballadoras afectadas polo que, na práctica, veranse obrigadas a ter que renunciar o seu emprego", denuncia.
Escribe o teu comentario