Galicia en risco extremo pola virulenta alza de positivos de coronavirus a última semana

O SERGAS vai pasar moi mal de seguir o actual ritmo de contagios de coronavirus. As cifras de hoxe non son tan horrendas como as de onte, pero confirman o acelerón post-do Nadal. En só tres días Sanidade ten que atender a 1.095 novos infectados.


|

O SERGAS vai pasar moi mal de seguir o actual ritmo de contagios de coronavirus. As cifras de hoxe non son tan horrendas como as de onte, pero confirman o acelerón post-do Nadal. En só tres días Sanidade ten que atender a 1.095 novos infectados.


Os novos positivos comunicados hoxe son 661, a segunda peor cifra desde que empezou esta terceira onda tras o récord de onte. A incidencia acumulada dispárase a 141 diagnósticos por 100.000 galegos á semana.  


O límite de risco extremo está 125 á semana, segundo el semáforo de alertas de coronavirus pactado este outono por Estado e Autonomías. Galicia entrou pois en risco extremo, de acordo a este indicador.


UGWvm  b incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia (1)






A incidencia acumulada a dúas semanas é de risco extremo se supera os 250 positivos. A galega ascende hoxe de 223 a 240, polo que se mantén en risco alto. Con todo, a pouco que a pandemia manteña este ritmo, tamén empuxará a Galicia a risco extremo dentro uns días.  


Xamais Galicia tivo estes dous indicadores en risco extremo, desde que se creou o semáforo.


MÁIS PCR DEMASIADO TARDE

Un dos factores que axudaron ao salto do virus son as poucas PCRs que fixo o SERGAS en Nadal. O propio conselleiro recoñeceu o venres que houbo días que o servizo non estivo ao 100% polas festas.


Sanidade está a pisar o acelerador agora, por exemplo onte completou unhas 8.600 probas elevando a media semanal a 6.900, aínda lonxe dos 8.400 PCRs que alcanzou antes de Nadal.





As poucas probas tamén contribuíron á alza da taxa de positividade. Chegamos a Nadal cun 3,4% de positivos. Onte estivemos sobre o 7,5% e non foi un mal día comparado cos recentes. A media móbil semanal aínda está no 8,1%. Descende un décima respecto onte. É a primeira vez que baixa desde Noiteboa.


SUBIDA VIRULENTA DOS CASOS ACTIVOS

É o único dato esperanzador entre as cifras de hoxe, que son alarmantes ao revisar os casos activos. Os 7.795 infectados de hoxe son 403 máis que onte, 906 máis que antonte e 1095 máis que hai dous días.





Chegamos a Nadal cunha media de crecemento do 0,2% de casos activos cada día. Estamos xa no 4,5%., camiño do 5,2% do repunte de outubro pero cun ascenso moitísimo máis repentino. 


CONCLUSIÓNS


Con todas estas cifras sobre a mesa pódese inferir que:

  • A pandemia está a acelerar a un ritmo máis alto que en anteriores repuntes. 
  • Dúas posibles causas da virulencia do rebrote, non excluíntes, son a presenza da cepa británica máis contaxiosa e a elevada mobilidade de Nadal.
  • Afortunadamente, por agora a alza de positivos aínda non se deixa ver con todo o seu peso nos hospitais. A maioría dos contaxiados en Fin de Ano, por exemplo, aínda non tivo tempo de desenvolver síntomas graves. Galicia é por agora a autonomía que menos porcentaxe de camas ten ocupadas por enfermos covid. Con todo, é inevitable que a subida de diagnósticos acabe presionando aos hospitais.


DATOS POR ÁREAS SANITARIAS



En termos xerais, Pontevedra é a área que menos mal se está comportando recentemente. Tendencia que se confirma hoxe con só 43 positivos.  





A Coruña volve ser a área sanitaria que máis novos positivos achega ao total, 177 de 661. A outra área que máis preocupa ao SERGAS, a de Santiago, hoxe non presenta cifras graves, se queda en 88 diagnósticos, cando é habitual que supere os 100. 


A Coruña, Viveiro, Verín e Tui son os municipios que máis empeoran hoxe. Análise en detalle a nivel municipal e de área sanitaria das cifras de hoxe nuns minutos en Galiciapress.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE