O 73% dos citados participa no cribado de Rianxo, que detecta cinco positivos
O cribado realizado nos últimos días entre veciños do municipio coruñés de Rianxo alcanzou unha participación do 73% e detectou cinco casos positivos.
A participación, por encima do 70%, permitirá saber o verdero alcance da enfermidade na localidade barbancesa.
A incidencia acumulada en 14 días en Rianxo segue sendo moi superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes.
O cribado realizado nos últimos días entre veciños do municipio coruñés de Rianxo alcanzou unha participación do 73% e detectou cinco casos positivos.
En concreto, segundo informaron fontes da área sanitaria de Santiago-Barbanza, a este cribado estaban citados 2.900 cidadáns de entre 55 e 75 anos de Rianxo. Finalmente, participaron o 73% e rexistráronse cinco positivos.
Rianxo é un dos municipios que máis preocupan ás autoridades sanitarias galegas, dada a evolución da pandemia. De feito, as súas cifras séguena situando por encima dos 250 contagios por 100.000 habitantes a 14 días, cando o seu nivel de restricións xa é o máximo e está pechado perimetralmente.
Escribe o teu comentario