Cribado en Rianxo para tentar frear a onda de coronavirus que afecta a case toda as rías de Arousa e Muros

Profesionais do servizo de Medicina Preventiva da área sanitaria de Santiago-Barbanza realizarán entre este mércores e o xoves un cribado poboacional de covid-19 a 2.900 cidadáns de Rianxo (A Coruña), unha das áreas máis afectadas pola enfermidade.

|

Varias das comarcas máis turísticas de Galicia, das que recibiron máis turistas nas pontes invernais, sofren as incidencias acumuladas máis elevadas do país. O SERGAS desprega sucesivos cribados para tentar reducir os contagios, que seguen á alza, salvo na primeira vila confinada, Boiro.  

Profesionais do servizo de Medicina Preventiva da área sanitaria de Santiago-Barbanza realizarán entre este mércores e o xoves un cribado poboacional de covid-19 a 2.900 cidadáns de Rianxo (A Coruña), unha das áreas máis afectadas pola enfermidade.


Hospital do Barbanza nunha foto da CRTVG


En concreto, segundo informaron fontes da área sanitaria, serán citados a través de SMS 2.900 persoas de entre 55 e 75 anos con tarxeta sanitaria en Rianxo e deberán acudir á hora á que se lles indica ao Hospital do Barbanza, onde lles tomarán a mostra.

A evolución epidemiolóxica do municipio de Rianxo nos últimos días motivou que o comité clínico decidise, na súa reunión deste luns, elevar as restricións desde o nivel básico ao máximo, o que implica, entre outras cuestións, o peche perimetral da localidade e a limitación de reunións a catro persoas.


UN PROBLEMA EN TODA A COMARCA

Isto débese en boa parte, segundo reflicte o DOG que fai oficiais as medidas, ao ascenso da incidencia acumulada a 14 días, que é a día de hoxe 1,5 veces superior á contabilizada hai unha semana, ata os 308,2 casos por 100.000 habitantes. 


Ao estar por encima dos 250, isto sitúa a municipio de Rianxo en situación de risco extremo, de acurdo ao semáforo estatal de alertas. O caso de Rianxo non é excepcional, pois case todos os municipios costeiros entre Vilagarcía e Fisterra, unha zona moi turística, están en nivel de risco extremo. As únicas excepcións son A Pobra, Cee e Corcubión, en risco medio. 


Segundo as últimas cifras a nivel municipal, Rianxo suma 38 positivos en 14 días. Son 3 máis que o cómputo de onte. Rianxo foi o último municipio que perimetró a Xunta, onte. Un perímetro que funcionou no veciño Boiro, que leva xa unha semana á baixa. 


SEN POSITIVOS EN CARNOTA

Por outra banda, a área sanitaria de Santiago-Barbanza informou este mércores de que o cribado realizado no municipio de Carnota, a 840 persoas --o 74% dos convocados-- non detectou ningún caso positivo. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE