Afectados pola ampliación da AG-59 denuncian o “desastre ambiental para aforrar cinco minutos"
Nun comunicado, a plataforma ‘Voces do Ulla’ critica as consecuencias que terá os labores de ampliación da autovía sobre espazos naturais protexidos.
Nun comunicado, a plataforma ‘Voces do Ulla’ critica as consecuencias que terá os labores de ampliación da autovía sobre espazos naturais protexidos.
Desde a organización critican o desembolso de 48 millóns de euros para “un aforro de cinco minutos” nun tramo que afecta o contorno do río Ulla, unha área considerada Zonda de Especial Conservación (ZEC) da Rede Natura 2000.
Traballos na AG-59 | Foto: Xunta.gal
Aproveitando o período de consulta pública, o grupo protesta pola construción desta infraestrutura “daniña para a biodiversidade, o hábitat e a comunidade local”. De feito, desde a organización consideran que esta modificacións terían un impacto “irreversible” sobre as especie da zona, tanto animais como vexetais.
Na mesma liña, sinalan que esta obra supón “incumplir as esixencia establecidas na normativa estatal e europea” sobre a conservación destes espazos, ademais de atentar contra espazos naturais como o ‘Roteiro dous Muiños de río Vexa’, en Couso.
A todo isto, argumentan que o Estudo de Impacto Ambiental é “opaco e insuficiente” sobre un proxecto que beneficia á crise climática polas emisións que producirá a construción da vía. Do mesmo xeito, consideran que planificacións como esta son as que axudan a despoblar o rural galego, ademais de ser lesivas para o coidado dos montes e ríos galegos.
Doutra banda, sinalan que a existencia das infraestruturas actuais é “suficiente”, polo que se trata dun investimento “absurdo e innecesario” e que, en todo caso, poderíanse estudar outras alternativas para mellorar a circulación do tráfico, “como reducir ou quitar as peaxes da AP-9”.
Escribe o teu comentario