Covid por concellos: Ourense e Santiago os que máis empeoran, Lugo e As Pontes os que máis melloran

Indicios tenues de melloría a nivel galego, pero confirmación de que Santiago e Ourense seguen empeorando tras levantarlles a Xunta as restricións. Sobre todo Compostela, que xa é a área con máis infectados. Estes son os puntos máis importantes da análise xeográfica as últimas cifras sobre o coronavirus en Galicia.

|

Indicios tenues de melloría a nivel galego, pero confirmación de que  Santiago e Ourense seguen empeorando tras levantarlles a Xunta as restricións. Sobre todo Compostela, que xa é a área con máis infectados. Estes son os puntos máis importantes da análise xeográfica as últimas cifras sobre o coronavirus en Galicia.


A nivel municipal,  Ourense ten 151 casos nas últimas dúas semanas. Son 12 máis que o seu cómputo onte. Santiago ten 191 casos nas últimas dúas semanas. Son 11 máis que o seu cómputo onte.


Tamén empeoran notablemente varias localidades máis pequenas: Baiona (+6), Fisterra (+6), Redondela (+5), Vimianzo (+5), A Illa (+4), Xinzo (+4) e Porto do Son (+4). 


O RISCO DE LEVANTAR As RESTRICIÓNS DEMASIADO PRONTO

As subidas urbanas son as máis importantes cuantitativa e cualitativamente. A confirmación de que o covid avanza nas dúas urbes que o SERGAS desperimetró o 5 de decembro pode influír na decisión do SERGAS.


O subcomité clínico está reunido a esta hora para establecer as novas restricións. A semana pasada apuntou a que podería desconfinar A Coruña. Difícil decisión, pois tras semanas de melloría A Coruña leva tres días á alza. O seu cómputo a 14 días é de 289 diagnóticos, tres máis que onte.


BOIRO MELLORA, O Barbanza EMPEORA

As mellores noticias son hoxe para Boiro, que confirma que dobrou a curva. Ten 219 positivos en dúas semanas, que é unha cifra enorme para un municipio dese tamaño, pero que en todo caso son 11 menos que onte.


As Pontes (-10), Lugo (-8), Ferrol (-5), O Grove (-5) e Pontevedra (-5) alivian tamén os seus cómputos notablemente.






A nivel comarcal chama a atención o empeoramento do Barbanza. A pesar de que Boiro leva días xa á baixa, case todos os demais concellos teñen máis de 250 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas. Isto colócaos no nivel de "risco extremo" segundo o semáforo de alertas estatal, de vermello no mapa que a diario actualiza Galiciapress.


Mellora Á conta da Morte. Muxía, con menos de  25 positivos por 100.000 habitantes en 14 días. Primeiro municipio da comarca en nivel de "nova normalidade", en verde no mapa. 



De todas as cidades, Lugo parece a mellor posicionada para que a Xunta levántelle eventualmente o perímetro.  Tanto o concello como a súa área sanitaria levan varias semanas de descenso case contínuo. 


DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

A área sanitaria de Santiago de Compostela  xa é a que ten máis casos activos, 1.246, superando hoxe a Vigo, 1.235. É a primeira vez en toda a pandemia que a área de Santiago ocupa o primeiro lugar.




Lugo segue sendo a única área cunha curva claramente á baixa e hoxe reduce o seu cómputo de casos activos a 369. Non había tan poucos na provincia desde agosto.


A tendencia xeral da área de Ferrol tamén é de decenso, aínda que de maneira moito máis recente. Os 458 de hoxe é o seu mellor rexistro desde finais de outubro.


Lugo e Ferrol son precisamente as áreas que menos casos atoparon onte, 17 e 13, respectivamente. 




Vigo volve ser a que máis diagnósticos achega, 68 dos 268 de Galicia. Agora ben, hai que lembrar que tamén é a área sanitaria máis grande.


Análise dos datos a nivel galego aquí, gráficos nuns minutos. 

InXUz coronavirus por concellos de galicia nbsp  (11)






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE