A alza de casos de coronavirus provoca unha cambio de tendencia na media semanal galega, que xa está en positivo
Os repuntes dos últimos días levaron á media semanal de Galicia ha atopar se hoxe en valores positivos e crecer a un ritmo do 0,3%. O pasado sábado a comunidade decrecía a un ritmo do -3,2%.
Os repuntes dos últimos días levaron á media semanal de Galicia ha atopar se hoxe en valores positivos e crecer a un ritmo do 0,3%. O pasado sábado a comunidade decrecía a un ritmo do -3,2%.
Hoxe Galicia volven ver crecer as súas cifras de casos activos, aínda que é a subida máis moderada dos últimos días, con só unha ducia de casos activos máis ao conxunto de Galicia.
Os contagios tamén descenden con respecto aos tres últimos días, pero seguen por encima dos 300 casos: 339 (por baixo dos 367 de onte ou os 380 do mércores). Ademais, tamén se rexistra unha subida considerable no número de PCR realizadas con respecto á xornada anterior, con case 1.400 máis. Así, pasamos das 6.368 de hai 24 horas ás 7.772 de hoxe.
Ao fío disto, a positividade en Galicia segue por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde e queda no 4,29%. Con todo, é importante destacar que esta media non deixou de subir no últimos tres días, como tamén crece a incidencia acumulada a 14 días, hoxe en 161 casos por cada 100.000 habitantes. O día 11 de decembro estaba en 151 casos.
ALIVIO NA PRESIÓN HOSPITALARIA
As mellores noticias esta xornada chegan desde os hospitais, onde se reduciu o número de pacientes con coronavirus. Desta forma, esta xornada libéranse 28 camas nas áreas para pacientes Covid e atópanse de novo por baixo das 300 camas ocupadas. De feito, neste apartado, Galicia non lanzaba unhas cifras tan boas desde o 19 de outubro.
As altas médicas baixaron lixeiramente en comparación ao día anterior, con 373, sete menos. Tamén hai que lamentar catro decesos, o que ascende o número de vítimas mortais a 1.336.
Escribe o teu comentario