Operación antidrogra en Pontevedra: aprehenden 16.600 euros, un arma de fogo e deteñen a sete persoas
Unha operación conxunta entre a Guradia Civil e a Policía Local de Pontevedra levou á detención de sete persoas nun golpe contra o narcotráfico na cidade.
Ademais dos detidos, o Instituto Armado informa da incautación de máis de 16.000 euros, substancias estupefacientes, armas brancas, un arma de fogo, móbiles e dispositivos electrónicos.

A Garda Civil e a Policía Local de Pontevedra interviñeron 16.600 euros, distintos tipos de substancias estupefacientes, varias armas brancas e unha pistola, entre outros efectos, na operación antidroga saldada esta semana coa detención de sete persoas na cidade do Lérez.
Fuentes da Benemérita detallaron que a investigación contra o menudeo de substancias estupefacientes iniciouse hai varios meses, cando se detectou a subministración de distintas substancias a toxicómanos de Poio e Pontevedra. A detención dunha persoa que portaba unha gran cantidade de dose de heroína preparadas para a súa venda permitiu a aceleración da mesma.
Posteriormente, este martes, efectivos da Comandancia da Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Pontevedra, procederon á entrada e rexistro de cinco domicilios situados no termo municipal de Pontevedra.
Segundo fontes da investigación, no marco desta operación conxunta practicáronse rexistros en dúas casas en Monte Porreiro, unha vivenda no Paseo de Colón, un mesón na rúa Peregrina e unha casa na parroquia de Salcedo.
Tras a finalización da investigación e mediante os rexistros efectuados, incautáronse de 53,05 gramos de cocaína, 1 gramo de heroína, 178,4 gramos de haxix, 660 gramos de marihuana, 400 gramos de anfetaminas en po e 3.047 gramos de substancia de corte. Ademais, os axentes interviñeron seis básculas de precisión, nove armas brancas, unha pistola de aire comprimido, 19 móbiles e tres ordenadores portátiles, así como 16.600 euros.
Como consecuencia, foron detidas sete persoas, todas domiciliadas en Pontevedra, das que dúas quedaron en liberdade en sede policial. Finalmente, os detidos, dos que algún contaba con antecedentes policiais, pasaron ao dispor do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra xunto ás dilixencias instruídas.
Na operación, denominada 'Guarloc', participaron efectivos da Compañía da Garda Civil de Pontevedra, a Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC), o Servizo Cinológico e axentes da Policía Local.
Escribe o teu comentario