Covid por concellos: Vigo, Melide e Viveiro entre os que máis empeoran e non hai ningunha melloría relevante


A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS mostra que o empeoramento a nivel galego empeza a notarse en todo o país. Soben os enfermos en todas as áreas sanitarias e os poucos concellos que mellora só logran reducir en 1 o seu cómputo de positivos a dúas semanas.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS mostra que o empeoramento a nivel galego empeza a notarse en todo o país. Soben os enfermos en todas as áreas sanitarias e os poucos concellos que mellora só logran reducir en 1 o seu cómputo de positivos a dúas semanas.



Fisterra é o concello que máis empeora hoxe. A súa suma de positivos en dúas semanas sobe ata 46 (+13). Tamén experimentan subidas notables Vigo (+11), Melide (+11), Bueu (+9), Viveiro (+9), Santa Comba (+9), Porriño (+8), Santiago de Compostela (+7) e Ribeira (+7).


BOIRO SE APLANA, PERO O Barbanza EMPEORA

Boiro, epicentro dun importante brote a pasada semana, segue sumando diagnósticos, pero moitos menos que outras xornadas, hoxe engade ao seu cómputo só 4.  A pesar de que o aplanamiento da curva xa é preceptible, a súa incidencia acumulada a dúas semanas segue sendo elevadísima. Máis de 1.200 positivos por 100.000 habitantes. Non é de esperar por tanto que o SERGAS levante o seu perímetro hoxe.





Con todo, a pandemia gañou velocidade en todo o Barbanza, entrando Ribeira en "risco extremo" tamén por ter máis de 250 positivos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas. Non hai ningún concello na comarca que teña menos de 50.




O SIGNIFICADO DE SANTIAGO

Santiago de Compostela é o último concello ao que a Xunta impuxo un perímetro, onte. A súa evolución é moi importante porque, ademais de ser a capital, tamén foi un dos concellos que primeiro desperimetró o SERGAS, o día do primeiro alivio xeral de restricións, que foi o 5 de decembro. 


Por tanto, a súa evolución servirá para comprobar a eficacia dos perimetros na cidades.  Por agora non se poden sacar conclusións do +7 de hoxe, pois provén dos positivos de onte. Con todo, é un aumento menor que o de pasadas xornadas.




OURENSE RESISTE SEN PERÍMETRO POR AGORA

A diferenza de Santiago, Ourense segue desperimetrada. De feito, é a única cidade galega sen perímetro. Ourense tamén empeorou notablemente tras o alivio das restricións. Afortunadamente, corrixiu o seu empeoramento nos últimos días.





Os QUE CAEN, SÓ CAEN UN POSITIVO

As boas noticias de hoxe son para Cedeira, Negreira, Oleiros, Ordes, Pobra do Caramiñal,

Vimianzo,  Burela, Barco De Valdeorras, A Garda, Marín, Moraña e Ponteareas. Todos eles teñen hoxe menos positivos a 14 días que os que tiñan onte. Agora ben, en todos eles o cómputo cae só nun diagnótico. Outro indicador máis do empeoramento xeral en Galicia.


A nivel de áreas sanitarias, chama a atención o ascenso da de Santiago - O Barbanza. Sétimo día conscutivo de ascenso dos seus casos activos, hoxe son xa 1054, superando aos da Coruña, con bastante máis poboación.


A Coruña e Lugo son as únicas áreas sanitarias que manteñen unha curva de casos activos claramente á baixa. En Pontevedra e Ferrol está plano, o que reflicte que alí está a haber aproximadamente os mesmos positivos que altas.





InXUz coronavirus por concellos de galicia nbsp  (6)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE