Too Good To Go chega a Pontevedra e 26 comercios súmanse á loita contra o malgasto de alimentos
A App, gatuita en IOs e Android, está presente desde agora na cidade do Lérez e permite aos seus usuarios acceder a prezo reducido ao excedente de comida que a diario teñen restaurantes ou supermercados e que, xeralmente, acaba no lixo.
A App, gratuíta en IOs e Android, está presente desde agora na cidade do Lérez e permite aos seus usuarios acceder a prezo reducido ao excedente de comida que a diario teñen restaurantes ou supermercados e que, xeralmente, acaba no lixo.
Para evitalo, cada vez son máis os comercios e locais que se suman á rede de Too Good To Go. Só en Galicia son máis de 400 comercios dentro da plataforma.
Oito millóns de toneladas de comida acaban no lixo cada ano. Nun mundo de excesos e desequilibrio, Too Good To Go pretende reducir esas abafadoras cifras. En Galicia xa o conseguiu parcialmente ao salvar xa 56.000 packs de comida, o que supón ao redor de 56 toneladas de comida.
Agora, coa súa aterraxe en Pontevedra, 26 establecementos sumáronse a esta proposta que busca dar “unha segunda oportunidade a toda esa comida non vendida conseguindo que os comercios minimicen as súas perdas económicas, que os usuarios aforren diñeiro aproveitando estes alimentos de calidade e o máis importante evitamos as consecuencias ambientais do desperdicio, responsable de entre o 8% e o 10% das emisións de CO2”.
Co lema #LaComidaNoSeTira a marca leva xa dous anos presente en España, con 6.000 locais dentro da súa rede. En Pontevedra, concretamente, atopamos Aleixa Frutería, Carrefour e a cadea de panaderías Acuña, entre outros.
Precisamente, desde as panaderías Acuña celebran o nivel de aceptación que tivo a proposta e a súa repercusión na cidade. “Estamos francamente sorprendidos pola gran aceptación do público en xeral da cidade. Con esta App gran parte do sobrante diario recupérase e tamén axudamos ao planeta para minimizar excedentes de alimentos que acabarían no lixo. Unha gran idea para un mundo máis sostible”, comenta Andrés Acuña, propietario das panaderías.
COMO FUNCIONA A APP?
Os usuarios rexistrados acceden ao mapa de establecementos da rede, que ofrecen salvar as súas packs sorpresa favoritos a prezo reducido -na súa maioría oscilan entre os 2 e 5 euros-. A garantía dos establecementos é que cada pack contén o excedente de “produtos frescos e de calidade que simplemente non foron vendidos ao longo da xornada e doutra forma serían desperdiciados”. O usuario paga na App e recolle o pack no horario marcado.
“Só tirar unha barra de pan equivale a emitir o mesmo CO2 que un coche tras percorrer 1 km. Isto significa que por cada pack salvado estamos a reducir a nosa pegada sobre o planeta”, sentencian desde a empresa.
Escribe o teu comentario