O Celta busca dianteiro entre os “descartes” de Madrid e Barça
A chegada dun nove a Balaídos, algo que pide con urxencia o equipo técnico, dependerá do movemento dos dous grandes en xaneiro.
A chegada dun nove a Balaídos, algo que pide con urxencia o equipo técnico, dependerá do movemento dos dous grandes en xaneiro.
A pouco máis de dúas semanas para que se abra o mercado de fichaxes, na Sede xa empezan a facer números para abordar un mes de xaneiro que promete ser movido nas oficinas do Celta de Vigo. A prioridade nestes momentos é reforzar a dianteira da escuadra celeste e por agora soaron con forza os nomes de Mandzukic –descartado pola súa alta ficha- e Borja Iglesias –que mesmo podería falar co vestiario celtiña para tentear o terreo-. Con todo, nos últimos días sumáronse dous novos nomes á lista: Mariano e Braithwaite.
MARIANO DÍAZ
No caso do xogador do Real Madrid a súa saída está supeditada ao que decida Zidane. A decepcionante campaña que está a callar o cadro merengue podería obrigar ao técnico francés a pedir reforzos, sobre todo na parcela ofensiva. Szoboszlai está preto do Leipzig e Haaland parece imposible nestes momentos, pero no Bernabéu barallan outras opcións.
Pero antes de abrir o capítulo de chegadas, no Madrid teñen que sucederse as salidad. Jovic e Mariano, cun rendemento pobre o primeiro e con poucas oportunidades o segundo, son os candidatos para abandonar a disciplina madridista. O serbio ten bo cartel en Alemaña e séguenlle en Italia, mentres que Mariano, aínda que mantén a ilusión de triunfar na súa casa, podería buscar unha oportunidade de redimirse fóra.
O Celta de Vigo é un dos equipos mellor posicionados na carreira para facerse co dominicano, pero a competencia neste sentido promete ser moi dura: Real Sociedade e Valencia tamén o teñen na axenda, polo que o Coudet deberá exporlle un bo proxecto deportivo e o Celta facer un importante esforzo económico para traelo a Galicia para relanzar a súa carreira.
MARTIN BRAITHWAITE
Mentres, no Barça seguen moi atentos ao futuro de Memphis Depay. O holandés ten un pacto co cadro que dirixe Ronald Koeman desde o pasado verán, e o técnico presionou moito para que o que fose o seu pupilo na selección orange arribe á cidade condal canto antes. No mercado estival non se puido facer a contratación, pero agora no inverno a súa fichaxe é, se cabe, unha opción case segura.
Depay queda libre en xuño, polo que o Lyon, o seu club, só ten este mes para conseguir algo de diñeiro coa súa venda. Con todo, no Barça non andan sobrados de liquidez e o desgoberno no equipo azulgrana fan a operación, se cabe, un pouco máis complicada. É aquí onde entra o Celta, que podería dar acomodo a algunha peza co fin de alixeirar a masa salarial do Barcelona e libralo dalgunha ficha do primeiro equipo.
Se xa soou con forza Riqui Puig no verán –en xaneiro seguramente volva estar no disparadero visto o pouco protagonismo que lle outorga Koeman-, agora o Martin Braithwaite o que podería facer as maletas para deixar sitio a Depay. O seu destino podería ser Vigo, que ve no danés un xogador con capacidade para pelexar por un posto no once e un complemento para Iago Aspas ao tratarse dun nove referencia. Con todo, como con Mariano, a súa saída dependerá exclusivamente de se o Barça decide reforzarse na próxima xanela de fichaxes.
Escribe o teu comentario