Temerario e desvergonzado: grávase a 240 km/h na A-6 en Begonte, cólgao nas redes e píllanlle

Un condutor foi identificado tras gravarse a si mesmo circulando a 240 quilómetros por hora pola A-6 ao seu paso por Begonte, un tramo perigoso e de elevada sinistralidade, e difundir o vídeo en redes sociais.

|

O vídeo, que circula por redes sociais por iniciativa do propio condutor sobre o que agora pesa unha denuncia por un delito contra a seguridade viaria, levou á identificación do piloto. 


Dobraba a máxima velocidade permitida na vía, que ademais está considerada zona de risco pola alata sinistralidade que alí se produce. 


Control garda civil




Un condutor foi identificado tras gravarse a si mesmo circulando a 240 quilómetros por hora pola A-6 ao seu paso por Begonte, un tramo perigoso e de elevada sinistralidade, e difundir o vídeo en redes sociais.


No vídeo, difundido en redes sociais polo propio condutor, poder ver como o vehículo chega a superar os 230 quilómetros por hora e chega a alcanzar os 240 nun tramo da citada autovía limitado a 120.


O Grupo de Investigación e Análise do Tráfico do Sector de Tráfico da Garda Civil detectou o caso e puido identificar tanto o lugar e dátaa gravación, o vehículo utilizado (de alta gama) ademais da identidade do condutor.

O home, veciño da Coruña de 45 anos, esta investigou por un delito contra a seguridade viaria ao superar en máis de 80 quilómetros por hora a permitida regulamentariamente nesa vía interurbana e terá que comparecer nun xuízo rápido que se celebrará nos próximos días en Vilalba (Lugo).


A zona está considerada de risco polos numerosos sinistros rexistrados, cuxo factor concorrente é precisamente o exceso de velocidade. Por iso, hai un radar fixo da DXT instalado nese emprazamento.


O condutor enfróntase á pena de prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses, traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, e, en calquera caso, á de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores (dun a catro anos).


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE