Galmask, millóns de máscaras FPP3 desde Galicia para todo o mundo

Así o explica unha completa guía do consumidor sobre máscaras copublicada por Dismark, unha distribuidora de Santiago de Compostela, que é unha das dúas empresas que se embarcaron na aventura de Galmask, xunto a a empresa viguesa de fabricación automatizada I-LEVER. Lamentablemente, a guía é moi necesaria pois a enorme demanda de máscaras provocou tamén un aluvión de produtos que se comercializan como o que non son. CREACIÓN DE EMPLEGOSSegún informou no seu día a Xunta, que apoia o proxecto, a iniciativa empresarial supuxo un investimento de 600.000 euros e os 30 postos de traballo directos.  A fábrica empezou a funcionar coas certificacións a mediados de outubro.


|

Antes do inicio do primeiro estado de alarma, facía semanas que resultaba imposible atopar máscaras FPP2. Afortunadamente, a carencia é moitísimo menor agora. En parte, grazas a Galmask, unha iniciativa galega que comercializa FPP3, as máscaras clasificadas como equipos de protección individual (EPI) con maiores esixencias de filtrado.


En concreto, para lograr que che certifiquen unha máscara como FPP2 hai que demostrar, entre outros requisitos, unha protección de saída e unha de entrada superior ao 94%. Para as máscaras FPP3 o requisito é superior, o 99%, tanto de entrada e saída.



Fabrica de I Lever en Vigo que produce as máscaras FFP3 de Galmask



Así o explica unha completa guía do consumidor sobre máscaras copublicada por Dismark, unha distribuidora de Santiago de Compostela, que é unha das dúas empresas que se embarcaron na aventura de Galmask, xunto a a empresa viguesa de fabricación automatizada I-LEVER. 


Lamentablemente, a guía é moi necesaria pois a enorme demanda de máscaras provocou tamén un aluvión de produtos que se comercializan como o que non son. 


CREACIÓN DE EMPREGO

Segundo informou no seu día a Xunta, que apoia o proxecto, a iniciativa empresarial supuxo un investimento de 600.000 euros e a 30 postos de traballo directos.  


A fábrica empezou a funcionar coas certificacións a mediados de outubro. A finais de novembro empezou a comercializalas apoiadas con todos os certificados que esixe a UE. Galmask di que produce 1,5 millóns de máscaras ao mes, destinadas tanto ao mercado estatal como internacional. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE