Emprego á conta de máis eucaliptos? Claves do proxecto de fábrica viscosa en Galicia, que podería ser de Inditex


A viscosa é unha fibra natural que se obtén de madeiras como o eucalipto e que está á alza entre os consumidores preocupados polo medio ambiente. Con todo, vistas as primeiras reaccións, o impacto na natureza é un dos flancos vulnerables do proxecto que podería xeral miles de empregos industriais.


|

A Xunta, usando os fondos de reconstrución que chegarán de Bruxelas, pretende construír unha fábrica de viscosa en Galicia da man dunha empresa privada, posiblemente ligada ao grupo Inditex. 


A viscosa é unha fibra natural que se obtén de madeiras como o eucalipto e que está á alza entre os consumidores preocupados polo medio ambiente. Con todo, vistas as primeiras reaccións, o impacto na natureza é un dos flancos vulnerables do proxecto que podería xerar miles de empregos industriais.



Plantacións eucaliptos monte galego EDIIMA20170628 0168 19

O eucalipto xa monopoliza case toda a superfice do monte en comarcas como A Mariña


Xa en xuño a Xunta adiantou que pretendía utilizar o diñeiro da Unión Europea para impulsar unha planta de viscosa. Descoñecíase por entón a compañía detrás do proxecto e aínda hoxe descoñécese, polo menos oficialmente. 


Entre outros motivos, porque aínda non se coñecen os mecanismos específicos sobre como se van repartir os fondos. De feito, os fondos aínda non son 100% seguros, ante o enfrontamento  da Comisión fronte a Polonia e Hungría.


Con todo, todas as miradas apuntan ao grupo de Amancio Ortega, compañía que por agora evita pronunciarse. En primeiro lugar, porque Inditex estivo sentada no comité de expertos galegos que propuxo á Xunta que proxectos presentar a competir os fondos. En segundo lugar, porque hai tempo que Inditex, do mesmo xeito que os seus competidores, está a apostar pola viscosa para conquistar un mercado cada vez máis 'verde'.


Así as cousas o maior colectivo ecoloxista de Galicia xa dá por feito que é Inditex o promotor. Os ambientalistas de ADEGA alertan que de saír adiante a fábrica agravaría "unha das secuelas mediomabientais do país, a eucaliptización". 


Hai que lembrar que a superficie de eucalipto na autonomía duplica o previsto no anterior plan forestal. Os eucaliptos ocupan xa o 35% da superficie arborizada na Coruña, o 20% en Lugo e o 12% en Lugo. A superficie total en monocultivo rolda 250.000 hectáreas máis outras 143.000 hectáreas mesturado con piñeiros e carballos. 


Tal expansión continúa a pesar de que a propia Xunta admite que os eucaliptos son un dos factores que explica as vagas de incendios en Galicia. "A proliferación de incendios cada vez máis virulentos" é, precisamente, un dos motivos que leva a ADEGA a criticar o "novo boom" do eucalipto ao fío da aposta pola viscosa. Outras causas son "a erosión e empobrecemento dos chans, o aumento da escaseza de recursos hídricos, a eliminación das últimas pegadas da paisaxe tradicional galego e un golpe definitivo contra o asentamento da poboación no rural". 


É A VISCOSA REALMENTE UNHA FIBRA SOSTIBLE?

A nivel internacional, a viscosa tamén recibiu ataques. Ecoloxistas en Acción lanzou unha campaña para que as grandes marcas como as de Inditex deixen de comprar viscosa a factorías asiáticas.




"A viscosa é unha fibra vexetal que é unha alternativa cada vez máis popular ao algodón ou os produtos sintéticos. A miúdo preséntase aos consumidores como unha opción máis sostible, e podería selo. Pero a viscosa que están a comprar os xigantes da moda europea é calquera cousa menos sostible. É o resultado dun proceso de uso intensivo de produtos químicos sen controis ambientais reais. Iso significa que as fábricas liberan substancias químicas e gases nocivos moito máis perigosos que os niveis recomendados", razoan nos ecoloxistas na petición que asinaron xa máis de 300.000 persoas.


MOITO CAMIÑO POR DIANTE

Sexa como for, o proxecto está aínda moi verde. A Xunta remitiu 108 proxectos a Moncloa e aínda falta para coñecer a selección para presentar en Bruxelas ao amparo dos fondos 'Next Generation'.


As cifras do plan son considerables, sobre todo nun momento de crise económica. A Consellería de Economía asegura, segundo Eldiario, que "o proxecto parte da previsión de conseguir unha capacidade produtiva de 200.000 toneladas de fibra téxtil. Estímase que, deste xeito, Galicia representaría ao redor do 3% da produción mundial situándose ao nivel dos principais produtores cunha capacidade media anual de entre 160.000 e 190.000 toneladas". E, sobre todo, uns 2.400 postos de traballo directos, polo menos na fase de construción da factoría. 


Miles de empregos dos que a comunidade, que ademais da recesión do coronavirus xa sufría antes  unha crise industrial, está moi necesitada.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE