Alarma polas cifras do coronavirus: récord de positividade desde a primeira onda e os positivos seguen á alza



O que parecía unha freada na melloría de novembro vai camiño de converterse noutra escalada de contagxos. As últimas cifras do covid-19 en Galicia son francamente malas. Os 685 novos positivos é a terceira peor cifra do mes. E o que é máis preocupante, a taxa de positividade supera de onte supera o 10%, algo nunca visto desde principios de abril.


|

O que parecía unha freada na melloría de novembro vai camiño de converterse noutra escalada de contagxos. As últimas cifras do covid-19 en Galicia son francamente malas. Os 685 novos positivos é a terceira peor cifra do mes. E o que é máis preocupante, a taxa de positividade supera de onte supera o 10%, algo nunca visto desde principios de abril.





Fundamental lembrar que non é problema puntual das cifras de hoxe. Galiciapress leva unha semana alertando de que a tendencia estaba a empeorar. Os últimos datos desgraciadamente confirman o prognóstico.


Así, a incidencia acumulada sobe por terceiro día seguido ata 141 positivos por 100.000 galegos á semana. Se ampliamos o foco a dúas semanas, a incidencia acumulada non sobe, pero xa non baixa, queda como onte, en 273.


Con todo, o máis sorprendente -e francamente intranquilizante- ese ese 10% de taxa de positividade que sae de calcular a porcentaxe que supoñen 685 novos diagnósticos entre os 6.852 test que di a Xunta fixo onte. Por certo, que segundo o cálculo da Consellería  Sanidade a taxa de positividade é aínda peor da que calcula Galiciapress, o 12%. 


Sexa como for, é unha cifra que debe facer saltar todas as alarmas. Hai que retraerse ao 7 de abril para atopar un dato tan malo. A media móbil a 7 días da taxa de positividade aguantara ata fai nada á baixa. Xa non. Terceiro día consecutivo á alza. O baremo da OMS para considerar un brote en vías de control é o 5%.


CASOS ACTIVOS

Malos sinais chegan tamén da análise de casos activos.  Xa non hai máis altas que novos diagnósticos. Hoxe s  os casos activos caen só un 0,1% . Son 12 menos, exactamente o número de persoas que faleceron. É dicir, houbo tantos positivos como altas. 


A análise da tendencia deste indicador tampouco suscita optimismo. De media segue habendo un 0,7% menos de enfermos cada día, pero fai xa cinco xornadas que está a empeorar. Hai que lembrar que este indicador afai o primeiro en reflectir cambios de tendencias.




Todos estes casos confirmados parten de 6.852 PCR realizados en 24 horas --ata o total de 833.778 desde o inicio da pandemia--, o que implica que se realizaron unhas 4.000 probas menos que o día anterior


DATOS POR ÁREAS

De onde provén este rebote? Onte Vigo era claramente a causa, pois esta área sanitaria soportaba o 40% dos diagnósticos. Hoxe volve ser a que positivos novos ten, 168. Agora ben, a moi pouca distancia dunha área con moita menos poblacion, Lugo. Como se explican os 167 novos diagnósticos en Lugo? En gran medida polos 132 positivos na residencia do franciscanas Asilo de Vilalba.


Segundo despréndese dos datos actualizados na mañá deste venres na web da Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do xoves, Lugo subiu en 116 os contagios de coronavirus detectados nunha soa xornada.

Tamén subiron os positivos  nas áreas de Santiago-Barbanza, con 79   --12 máis  --; en Ourense-Verín-O Barco   con 45 --un máis--; e en Ferrol, cun total de 40 --seis máis--.

Pola contra, Vigo anotou este venres un importante descenso de 114, ata os 168 novos positivos, mentres que na área da Coruña-Cee baixou en 20, ata os 102; e os de Pontevedra-O Salnés caeron en 17, ata os 87. 


No que se refire a cómputo de enfermos, a área viguesa é a que rexistra máis persoas co coronavirus activo, un total de 2.380, aínda que implica unha baixada de 42 nun día. Tamén caen na área coruñesa, ata os 1.869, 19 menos.

Así mesmo, rexistraron descensos a área de Pontevedra, que contabiliza 1.235 pacientes (-15); a de Ourense, con 720 (-29) e a de Ferrol, con 680 (-44). 





O brote desta residencia poderíanos empuxar a pensar que no fondo os números non son malo, pois se trata dun foco concreto, xa localizado e suponse en vías de control. Con todo, isto sería unha dedución errónea.


Ademais, non nos enganemos. Non estamos un problema circunscrito á área de Vigo ou a un asilo de Lugo. En termos xerais, só Ourense, Ferrol e en menor medida Santiago presentan unha boa evolución na súa curva de casos activos.





En primeiro lugar porque as persoas e os traballadores dos asilos non viven noutro planeta. Son parte da nosa sociedade. En segundo lugar porque a experiencia dinos que o que pasa nos asilos é simplemente unha amplificación do que sucede fóra deles. Se hai brotes nas residencias, e esta semana hai varios novos brotes graves, é porque o virus segue circulando fóra delas.


HOSPITALIZACIÓNS

Este último rebote de contagios é aínda demasiado recente para deixarse notar nos hospitais. Afortunadamente, nas plantas convencionais aínda duran os efectos da melloría de principios de mes. Así, a cifra de hospitalizados segue en 472, igual que onte, aínda que hai que lembrar que esta cifra está maquillada polo número de falecementos, doce.


Na última semana faleceron 73 persoas. É dicir, máis de 10 mortos por día. Ou Galicia corrixe o seu rumbo ou podemos chegar a Fin de Ano cuns 400 falecidos máis.


IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria (22)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE