Científicos coruñeses lograron predicir dúas semanas antes a 2ª onda de coronavirus analizando augas residuais

Consolídase outra vía na loita contra o covid. A Universidade da Coruña e o SERGAS foron capaces de detectar un aumento de casos de covid-19 na comarca dúas semanas antes de que empezasen a aumentar os positivos nos laboratorios. A clave, os restos de ADN do virus na depuradora.


|

Consolídase outra vía na loita contra a pandemia. A Universidade da Coruña e o SERGAS foron capaces de detectar un aumento de casos de covid-19 na comarca dúas semanas antes de que empezasen a aumentar os positivos nos laboratorios. A clave, os restos de ADN do virus na depuradora.


O grupo CovidBens, formado por un equipo multidisciplinar que inclúe microbiólogos, enxeñeiros, matemáticos, informáticos e químicos da Universidade da Coruña (UDC) e do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac)-Instituto de Investigación Biomédica (Inibic), logrou anticipar a detección de rebrotes coa análise de augas residuais, segundo informa o reitorado.


Equipo de covidbens nunha imaxe do twitter da profesora Margarita Poza

Equipo de #covidbens nunha imaxe do twitter da investigadora Margarita Poza  


En concreto, este grupo leva traballando desde o mes de abril na análise das augas residuais da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Bens para determinar a presenza do coronavirus SARS-CoV-2 na poboación e facer un seguimento da epidemia de Covid-19 na área metropolitana da Coruña.

A investigación finalizou con éxito a súa primeira fase no mes de outubro, "lográndose os dous principais obxectivos previstos". Así, o equipo CovidBens foi capaz de prever os rebrotes epidémicos con dúas semanas de anticipación con respecto aos datos clínicos, a partir da análise da carga viral das augas residuais da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.


A base científica do proxecto consiste en que as augas residuais que chegan desde as casas á depuradora conteñen os restos de material xenético do coronavirus de todas as persoas contaxiadas, sexan sintomáticas ou asintomáticas.

O equipo CovidBens describiu os primeiros modelos estatísticos que permiten estimar o número de portadores do virus na área metropolitana a partir da carga viral nas augas residuais.

"Este sistema epidemiolóxico permite ter unha visión real e completa da magnitude da epidemia, permitindo trasladar a autoridades e epidemiólogos os datos, para que se poidan anticipar aos posibles rebrotes", engade a institución universitaria.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE