Soben os casos activos de coronavirus nas aulas de Vigo, Santiago e Ferrol; baixan no resto de áreas

Lista completa de centros educativos non universitarios con casos activos de coronavirus no interior.


|

O CEIP Fogar de Carballo ve por fin caer os enfermos de covid, que baixan de 39 a 32.  No conxunto da comunidade educativa non universitaria de toda Galicia, a situación leva mellorando desde hai dúas semanas, aínda que moi lentamente.


Os casos activos de COVID-19 asociados a garderías, colexios e institutos galegos caeron en 14 nun día, ata situarse no total de 1.194, que obrigan a manter 46 clases pechadas. De feito, mellorou a situación no CEIP Fogar de Carballo (A Coruña), centro máis afectado de toda Galicia, debido a que caen de 40 a 32 --oito menos-- as persoas coa enfermidade e as aulas en corentena son oito, unha menos que unha xornada atrás.






Con todo, de acordo cos datos feitos públicos este venres pola Xunta, a área sanitaria de Vigo continúa como principal foco de contaxio e acumula case un terzo dos positivos relacionados coa comunidade educativa en toda Galicia.

En concreto, rexistra 344 casos activos de COVID-19, catro máis que nos datos deste xoves, mentres que tamén subiron ata as nove --unha máis-- as clases que se atopan en corentena pola pandemia.

Da área de influencia viguesa, o CPR Plurilingüe O Castro é o que rexistra máis positivos, un total de 13, pero non ten ningunha aula clausurada. Destacan tamén os 10 casos activos do CIFP Manuel Antonio e os sete do CPR Mendiño, todos eles na cidade olívica.

A CORUÑA E SANTIAGO
Segue a esta a área sanitaria da Coruña, onde este venres hai 262 casos de coronavirus, unha decena menos que este xoves. Ademais, hai 18 clases pechadas, dúas menos.

Nesta zona, o CEIP Fogar de Carballo é o de maior incidencia da pandemia, pero tamén cabe mencionar a situación de o Compañía de María da Coruña e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, con oito positivos cada un.

No lado oposto está a área de Santiago, que rexistrou un ascenso no total de casos activos, que se sitúan en 116 --catro máis--, aínda que as unidades en corentena mantéñense en catro.

Como centros con máis número de positivos figuran a escola municipal A Magdalena de Ames, que mantén unha clase pechada, ademais do IES Manuel García Barros da Estrada e o CPR Manuel Peleteiro da capital galega, con cinco cada un.


Colexio Peleteiro nos arredores de Santiago

Colexio Peleteiro nos arredores de Santiago nunha imaxe de Google Street View


BAIXAN LUGO, PONTEVEDRA E OURENSE
Mentres tanto, seguen en descenso os infectados asociados á comunidade educativa da área de Lugo, aínda que continúa como a terceira máis afectada tras Vigo e A Coruña. Os centros lucenses contabilizan este venres 168 positivos --12 menos-- e as clases pechadas ascenden a nove --unha máis--.

De todos eles, o CPR Plurilingüe Divino Mestre e o CEIP A Ponte da capital provincial notifican sete contagios cada un. A estes séguenlles o IES Ánxel Fole da mesma cidade e o IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, con seis.

Na área sanitaria de Pontevedra baixaron nun, ata 152, os casos activos de COVID-19, que obrigan a manter un total de catro unidades clausuradas --as mesmas que este xoves--. Nesta zona, destacan el CEIP Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados, o IES Chan do Monte de Marín, o CPR Sek-Atlántico de Poio e o CPR Santiago Apóstolo de Soutomaior, con seis positivos respectivamente.

Pola súa banda, a área de Ourense continúa como a segunda que menos enfermos de coronavirus vinculados aos centros educativos acumula, cun total de 92, un menos que 24 horas atrás.

XINZO É EPICENTRO EN OURENSE
Con todo, se este xoves non había clases pechadas pola pandemia, este venres hai unha, concretamente na escola infantil de Xinzo de Limia, que notifica un positivo. Como o colexio ourensán que se ve máis afectado pola pandemia está o CEIP Carlos Casares, tamén en Xinzo, con oito casos. En canto ao resto da provincia, o CEIP Plurilingüe de Ribadavia contabiliza sete infectados.

Finalmente, com n área menos afectada pola crise sanitaria está a de Ferrol, que con todo suma dous novos casos activos, ata situar o total en 60, e notifica unha clase en corentena, na gardería Cativos, cando hai un día non había ningunha. Ademais, cabe mencionar a situación no CEIP Manuel Fraga Iribarne, con seis positivos, como o caso máis grave desta zona.

 





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE