Os influences Rebeca Stones, Berto Cordo e Blondie Muser serán as caras da campaña contra a violencia machista
Os tres influencers forman parte da campaña do Concello da Coruña 'Ti decides', con anuncios que aparecerán en redes sociais e folletos que se reparirán en centros educativos.
A concelleira Yoya Neira considera que os tres novos son "referentes" do colectivo e que a campaña tenta "sentar as bases para educar en igualdade".
As publicacións de Rebeca Stones chegan diariamente a miles de novas | Foto: IG @rebecastones
O Concello da Coruña presentou a campaña que, con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista do próximo día 25, promove e na que os protagonistas son tres influencers de redes sociais que lanzan a mensaxe de 'Ti decides' en referencia ás relacións sexuais.
A concelleira da Coruña de Benestar Social, Yoya Neira, explicou, en rolda de prensa, que a campaña chegará aos adolescentes a través de Instagram e TikTok e coa participación de tres novos galegos: Berto Cordo, Rebeca Stones e Blondie Muser, que, dixo, teñen "un gran número de seguidores nestas redes sociais".
As dúas mozas pedirán ao resto de mulleres que decidan "cando, onde, como e con quen" queren manter relacións para non estar, apuntou a concelleira, "presionadas pola esixencia de gustar ou de ser aceptadas". O mozo solicitará aos seus iguais "que escoiten, respecten e empaticen coas emocións e desexos sexuais" das súas parellas.
A edil defendeu que estes tres novos son "referentes" do colectivo e que a campaña tenta "sentar as bases para educar en igualdade". Neira explicou que as cifras de violencia machista entre a poboación adolescente son "verdadeiramente alarmantes".
DESINFORMACIÓN
Segundo Neira, un informe de Save the Children alerta da "desinformación sexual" entre os mozos que, asegurou, "acceden ás relacións sexuais a través de redes sociais, internet e a pornografía". Os efectos, apuntou, é que as relacións son "dispares" e cousifícase " á muller".
Ante a incapacidade de facer actividades de tipo presencial, lamentou a concelleira, a campaña levará a cabo en redes sociais, especificamente Instagram e TikTok, toda a semana que vén e os carteis tamén estará en marquesiñas da cidade.
Ademais, repartiranse folletos nos 17 institutos de Educación Secundaria públicos da cidade, así como en privados e concertados, centros de Formación Profesional e facultades da Universidade da Coruña.
Escribe o teu comentario