Máis sinais de que o coronavirus en Galicia está rebotando ao subir de novo a incidencia acumulada semanal

As últimas cifras do coronavirus en Galicia son ambivalentes. Por unha banda, os 388 novos positivos confirman un lixeiro repunte na incidencia acumulada semanal, a pesar de ser menos novos diagnósticos que onte. Doutra banda, a taxa de positividade é das mellores dos últimos tempos. En parte grazas aos cribados na Estrada e Xinzo, que descubriron poucos casos.


|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia son ambivalentes. Por unha banda, os 388 novos positivos confirman un lixeiro repunte na incidencia acumulada semanal, a pesar de ser menos novos diagnósticos que onte. 


UGWvm incidencia acumulada a 7 d as de coronavirus en galicia




Doutra banda, a taxa de positividade é das mellores dos últimos tempos. En parte grazas aos cribados en A EstradaXinzo, que descubriron poucos casos.


TENDENCIAS

Os 388 diagnósticos comunicados hoxe son 38 máis que os do martes pasado. A incidencia acumulada a sete días rebota por segundo día consecutivo a 134 positivos por 100.000 galegos.






O repunte dos últimos días aínda non se nota na incidencia acumulada a dúas semanas. Este indicador segue baixando, pero moi pouco, pasa de 281 onte a 282 mañá. 


En todo caso, as incidencias acumuladas galegas seguen no nivel máximo de alerta, "risco extremo", de acordo ao semáforo pactado por Estado e autonomías.




As mellores noticias dáas hoxe a taxa de positividade, cuxa media móbil semanal cae ao 6,81%, o seu mellor valor desde o 20 de outubro. A isto contribúe a boa cifra de onte, 5,6% de PCRs positivas. Galicia segue no segundo chanzo do semáforo estatal neste indicador, a un paso da nova normalidade.


O problema do país non parece por tanto a falta de test. Hipótese que confirma a estatística de PCRs diarios. A pesar de que onte se completaron menos de 7.000, a media semanal está en case 8.000 ao día, en ascenso desde a pasada semana.




CASPS ACTIVOS

Boas noticias a medio prazo para os hospitais, pois as altas seguen sendo máis que os novos diagnósticos. 


Os casos activos caeron onte un 0.5%, polo que a media semanal segue indicando un -1,3% menos de pacientes cada xornada.  En toda Galicia os casos activos baixan a 9.060, medio centenar menor que a xornada anterior.





DATOS POR ÁREAS 

Na área sanitaria de Vigo confirmáronse 97 positivos; 67 na de Pontevedra e O Salnés; 63 na da Coruña e Cee; 55 na de Lugo; 41 na de Santiago e Barbanza; 39 na de Ferrol; e 26 na de Ourense.


 


 


En canto aos casos activos, baixan en cinco das sete áreas sanitarias galegas, mentres que na de Santiago e Barbanza mantéñense igual que este luns e na de Lugo ascenden lixeiramente.

En concreto, na área sanitaria de Vigo caen a 2.347 os casos activos, 14 menos que este luns; a 1.835 no da Coruña --cinco menos--; a 1.213 na de Pontevedra e O Salnés --20 menos--; a 781 na de Ourense --31 menos-- e a 777 na de Ferrol --nove menos--.

Pola súa banda, a área de Santiago e Barbanza mantense con 1.036 casos activos de Covid-19 --como o luns-- e na de Lugo aumentan a 1.071 --29 máis--.

SITUACIÓN NOS HOSPITAIS
Os contagios desde o inicio da pandemia en Galicia sitúanse en 46.215 e os pacientes curados ascenden a 36.070, o que supón 442 máis que este luns.


O alivio nos contagios logrado a principio de mes e que parece estancarse agora déixase notar nos hospitais, sobre todo nas plantas convencionais.


Así,As persoas con coronavirus Covid-19 hospitalizadas en Galicia descenderon lixeiramente a 609 --unha menos que este luns--, das cales 106 permanecen en UCI --catro menos--.   


Os enfermos covid ocupan o 7,6% das camas convencionais nos hospitais. A tendencia segue á alza pero non de maneira pronunciada, polo que neste bando non debería haber problemas, polo menos a curto prazo. 





Galicia está no nivel de "risco medio" do semáforo de alertas estatal en función á súa ocupación de camas convencionais. Moito peor está a situación nas UCIs. Por exemplo, en Ferrol teñen 14 camas UCIs estándar, sen ter que recorrer a ampliacións, e xa hai 12 pacientes críticos, polo que empezaron a trasladar enfermos a Lugo.


En canto ás probas realizadas, as PCR feitas ascenden a 811.941, o que implica 6.897 máis que este luns; e as probas serológicas aumentan a 411.829, un total de 758 máis.

17 VÍTIMAS MÁIS
Ata a data as vítimas mortais en Galicia con coronavirus elévanse a 1.086, despois de que as autoridades sanitarias haxan comunicado este luns pola tarde outros 17 falecementos, dez deles de usuarios de centros xeriátricos. Seis dos residentes procedían da residencia de Salvaterra que é copropiedade dun narco e que está a ser investigada pola Fiscalía. 


Sanidade informou de que, ademais das mortes rexistradas ao longo desta xornada de persoas diagnosticadas con Covid-19, a listaxe de 17 falecementos trasladado este luns completa o reconto de fin de semana realizada por Saúde Pública, tras comprobar que houbo máis casos de falecidos co virus.

Deste xeito, das 17 persoas cuxo falecemento se notificou este luns, dez procedían de residencias, oito delas faleceron nos propios centros e outras dúas en hospitais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE