Teo, Ribadavia, Tui, A Guarda e Ribadumia abandonan o nivel vermello de alerta; entran Tomiño e Moaña

Tomiño e Moaña ingresan neste grupo, no tan só quedan catro das sete cidades: Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo

|

A actualización da Xunta supón en reingreso de Tomiño e Moaña na listaxe de municipios no máximo nivel de alerta, con 33 localidades nesta situación. 


Tan só catro das sete cidades permanecen no nivel de alerta 3: Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo. A Coruña foi a última en saír. 


Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 7 días


Os municipios en alerta vermella no mapa de alertas do Sergas pola incidencia do covid-19 baixan este sábado a 33 tras a salida de Teo, Ribadavia, Tui, A Guarda e Ribadumia. Pola súa banda, Tomiño e Moaña regresan ao grao máximo de aviso.


Así figura na actualización do mapa de alertas deste sábado na páxina web da Consellería de Sanidade. En total son 33 os concellos marcados en vermello (tres menos que o venres), categoría na que só figuran catro das sete grandes cidades de Galicia: Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo.

Coa saída de Teo da alerta máxima, ningún dos municipios que forman parte da área de peche perimetral da cidade de Santiago figura en vermello no mapa do Sergas.

Así mesmo, Xinzo de Limia queda como único concello da provincia de Ourense en grao máximo de aviso logo de abandonar este grupo Ribadavia, localidade que se sumou desde a madrugada do sábado ás zonas confinadas perimetralmente.

Así as cousas, a provincia de Pontevedra volve ser a que maior número de concellos marcados en vermello ten cun total de 15: A Estrada, Lalín, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Nigrán, Mos, Moaña, Ponteareas, Tomiño e O Porriño.

Pola súa banda, en A Coruña hai 13 en grao máximo de alerta ao presentar a única novidade da saída de Teo. Deste xeito, mantense a alerta vermella en Ferrol, Narón, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Ponteceso, Cabana e Vimianzo.

Este sábado, a provincia de Lugo non presenta ningunha novidade en canto aos municipios en grao máximo de alerta, grupo que segue integrado pola propia capital provincial, Vilalba e Chantada.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Lugo --máis de 112-- e Vigo --máis de 332--.


Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 14 días



ALERTA LARANXA

En alerta laranxa, é dicir, en situación dúas pola incidencia na última semana, están este sábado 30 municipios, catro máis dos que había o pasado venres.

En Ourense, tan só quedan a propia cidade das Burgas e O Barco de Valdeorras --os mesmos que o venres-- mentres que en Lugo son Viveiro, Guntín, Monforte e Sarria.

Na Coruña hai un total de 14 concellos en cor laranxa: Fene, Bergondo, Laracha, Ordes, Pontedeume, Sada, A Coruña, Laxe, Santa Comba, Ordes, Santiago, Ames, Porto do Son e Boiro.

Por último, en Pontevedra son 10 as localidades no segundo grao de alerta: Meis, A Guarda, Tui, Cangas, Moaña, Caldas de Reis, O Grove, Soutomaior e Salceda de Caselas.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE