Un millón de euros en Tomiño grazas ao Sorteo Extraordinario da ONCE
                O Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE deixou un premio dun millón de euros en Goián, no municipio pontevedrés de Tomiño.
            
 
                
        
        
O vendedor da ONCE, Roberto González Carrera, repartiu ata 10 cupóns co número premiado.
O 11/11 da ONCE foi un premio extraordinario cun premio maior de 11 millóns de euros, que este ano se repartiu en Madrid.

   O Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE deixou un premio dun millón de euros en Goián, no municipio pontevedrés de Tomiño.
O premio foi vendido por Roberto González Carrera, que vende toda a mañá (ata as 13,30 horas) nesa parroquia e polas tardes no Rosal.
   Roberto González, que foi albanel de profesión ata os 35 anos, vende desde hai anos en Goián. Vendeu 10 cupóns dese número, catro deles nunha barbería e o resto na rúa.
   O sorteo do 11/11 deixou o seu premio maior, 11 millóns de euros, na localidade madrileña de Collado Villalba e outros 6 premios dun millón de euros ao cupón noutras tantas localidades da xeografía española.
    
					
Escribe o teu comentario