A campaña 'Alimenta a amizade' de Gadis recada 35.500 quilos de produtos paraa 50 protectoras de animais

|

A iniciativa da cadea de supermercados permitirá axudar a medio centenar de entidades en Galicia e Castela e León.


Gadis sumou á achega dos clientes un 20% máis do recadado durante a campaña. Desde a compañía resaltan e agradecen "a xenerosidade dos clientes".


Gadis entrega a protectoras de animais produtos para cans e gatos


Gadis fixo entrega de 35.500 quilos de produtos a 50 protectoras de animais de Galicia e Castela e León co obxectivo de apoyor a estas entidades, a través da iniciativa 'Alimenta a amizade'.

A campaña solidaria que Supermercados Gadis puxo en marcha por segundo ano consecutivo en beneficio de 50 protectoras de animais chegou ao seu fin coa entrega destes produtos para cans e gatos, segundo informa.

Unha vez máis, a compañía destaca "a xenerosidade dos clientes, que achegaron 29.579 quilos de artigos de alimentación e hixiene, aos que a empresa sumou unha doazón directa do 20%, cos que se alcanzou a cifra total".

A mercadoría xa se empezou a distribuír entre as cincuenta entidades que desenvolven a súa actividade protectora en diferentes localidades das dúas comunidades autónomas na que Gadis está implantada: Galicia e Castela e León.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE